AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

domingo, 30 de octubre de 2016

EXERCICIOS PARA FRAUTA

Este curso comezaremos a utilizar un libro en formato dixital con exercicios para facer coa frauta doce.

O libro irá cambiando segundo as necesidades que teñades mentres aprendedes a tocar a frauta.

Espero que vos guste e que o utilizedes para estudar na casa! 





ADEUS SUBMARINO AMARELO!!!

Estamos un pouco tristes porque esta semana o submarino amarelo marchou da clase de música para navegar por mares e océanos de todo o mundo.







Deixounos a seguinte carta de despedida.


Tamén nos deixou unhas marionetas de varios animais que viven nun acuario coas que faremos a audición da melodía de Saint-Saëns, "Acuario", pertencente á obra "O entroido dos animais".




ATA SEMPRE SUBMARINO AMARELO!!!

E para que o submarino poda veros cada vez que entre no blog aquí lle deixo as fotos que vos fixéchedes con el. 





domingo, 23 de octubre de 2016

TITANIC

Empezamos o proxecto sobre a música e o mar cun famoso submarino, e agora tócalle o turno ao máis famoso trasatlántico do mundo, o TITANIC.

Se queredes ter máis información sobre este barco clicade na imaxe.


Tocaremos unha adaptación da banda sonora da película Titanic dirixida por James Cameron no ano 1997.

Déixovos dous vídeos, un do trailer e outro cunha interpretación de Celine Dion que canta "My heart will go on", a cancion máis coñecida da banda sonora orixinal.








Aquí está a partitura coa melodía. Máis adiante publicarei a partitura cos acompañamentos.





sábado, 22 de octubre de 2016

PIRATAS DO CARIBE

Seguimos coa nosa particular viaxe a través de melodías relacionadas co mar.

E si falamos de aventuras no mar non poden faltar os protagonistas de multitude de historias tanto nos libros como nas películas...  por suposto que falo dos PIRATAS!!!


Tocaremos unha adaptación da banda sonora da película "Piratas del Caribe", pero antes botádelle un vistazo a estes vídeos e a un fantástico flashmob. 




 




Aquí vos deixo a partitura coa melodía. Máis adiante publicarei a partitura cos arranxos e a instrumentación.




domingo, 16 de octubre de 2016

TOCAMOS ¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?



Os máis pequenos divertíronse cantando e xogando con esta canción popular e agora os que sodes un pouquiño máis maiores pasarédelo moi ben interpretándoa coas campás afinadas e con algún instrumento máis.






PREPARADOS PARA TOCAR???






domingo, 9 de octubre de 2016

ACUARIO

Seguimos traballando con música relacionada co mar e coa fauna mariña. Esta vez os habitantes do mar non están libres senón que viven nun acuario.

A música foi composta por Camille Saint-Saëns e forma parte da gran obra "O entroido dos animais".

Como se sentirán vivindo tan lonxe da súa casa?




Prestade moita atención a este vídeo.




E agora a gozar coa orquestra!!!


Por último veremos este  musicograma co que faremos un divertido xogo.
Clicade na imaxe.





DIN DON

"DIN DON" é un canto de berce tradicional. Neste curso levámolo ao noso terreo, xa sabedes, o mar, e convertémolo nun canto mariñeiro. Que vos parece?

DIN DON DIN DON DAN

OS BARQUIÑOS A CANTAR.

DIN DON DIN DON DAN

E OS PEIXIÑOS A RONCAR.



Agora os frautistas principiantes preparados para tocalo. Aquí vos deixo a partitura.

 


AMORIÑOS COLLÍN



Canción tradicional galega que ten como escenario o mar.

O mar sempre presente na nosa cultura!!!

Preparade os instrumentos para tocar esta melodía!




BAJO EL MAR

Neste proxecto sobre a música e o mar non podía faltar unha das cancións máis divertidas da película "La Sirenita".


Lembrades a Sebastián, o cangrexo amigo de Ariel que trata de convencerla de que se quede a vivir baixo o mar?  Aquí vos deixo a súa canción.




¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

Unha canción popular para cantar e xogar cos máis pequenos. 

Seredes capaces de atopar as chaves e deixalas no centro da roda no tempo que dura a parte instrumental???  SEGURO QUE SIIIIII!!!

Clicade nas chaves para escoitar a canción.


E AGORA, A XOGAR!!!