domingo, 30 de septiembre de 2012

LÉMBRASTE???

Xoga co libro interactivo para repasar conceptos de LINGUAXE MUSICAL.


 




HIMNO GALEGO

O HIMNO GALEGO conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituido por "fogar de Breogán".

Esta composición foi interpretada por primeira vez no 1907 na Habana (Cuba).



Déixovos a partitura para que vaiades practicando as partes que vimos na clase.

 

 Se clicades na bandeira de Galicia podedes escoitar o himno.




¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.




domingo, 23 de septiembre de 2012

OS NOSOS CONTOS: "ÉRASE UNHA VEZ..."

OS NOSOS CONTOS: "ÉRASE UNHA VEZ..."

O conto, dende sempre é unha ferramenta imprescindible para o traballo na escola. É moi motivador para os alumnos, xa que sempre consegue captar a atención de todos, ata a dos máis inquedos, por iso penso que é importante utilizalos sempre que se poda, ademáis a miña experiencia dime que non hai idade para escoitalos, xa que os maiores engánchanse tanto como aqueles máis pequeniños.

Na clase de música utilízoos moito para traballar nos diferentes proxectos ou para traballar aspectos da linguaxe musical.


Esta será unha nova sección do blog na que irei recopilando os contos da clase de música.


A carácterística que teñen estes contos é que son de elaboración propia e que en moitos deles os nenos do cole son protagonistas. Dunha ou doutra maneira eles sempre aparecen: facendo as ilustracións, colaborando na creación da historia, coas súas fotografías, etc.

Moitos dos nenos que fixeron posibles estes contos xa non están no colexio (o tempo pasa moi rápido!!!) pero podemos recordalos cando os leamos, ah ademais sempre hai polo centro algún irmanciño pequeno ao que lle fai moita graza saber que aquelo que está vendo debuxouno o seu irmán ou irmá, que orgulloso se sente nese intre!!!


Esta será unha páxina viva que irá crecendo a medida que pase o tempo, como os nosos alumnos, je je.

ESPERO QUE VOS GUSTE!!!




sábado, 22 de septiembre de 2012

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!

Un novo curso comeza e quero daros a benvida cun vídeo moi simpático que pertence a un concerto celebrado no ano 2010 en Madrid pola ONG "VOCES PARA LA PAZ", que ten como obxectivo recaudar fondos que lle permitan realizar proxectos para apoiar aos máis necesitados.



Nos tempos que corren non é fácil pero creo que este vídeo arrincaravos máis dun sorriso!!!

Tamén quero aproveitar para presentarvos unha páxina moi interesante que recopila moita información sobre música , entre outras cousas o vídeo que acabades de ver, e que pode ser moi útil para o traballo da clase de música.

CIUDAD DE LA MÚSICA