sábado, 30 de abril de 2011

UN POEMA DE MANUEL MARÍA: "O CHIFRE"

Os alumnos de 4º de Educación Primaria están preparando unha canción para cantar no festival do Día das Letras Galegas.

Trátase dun poema de Manuel María: "O chifre". A interpretación é de Suso Vaamonde. 



Eu teño un chifre chifreiro.

Eu teño un chifre chifrón

tan silbador e algareiro

que a todos chama a atención.



Eu teño un chifre chifreiro

que mo mercaron na feira.

O seu silbo silbador

resoa na aldea enteira…!


Eu dou ordes co meu chifre,

ando a ordear con silbatos:

Que frolezan as roseiras,

que chien ben os paxaros…!



Que maduren as cerdeiras,

as figueiras i os mazairos!

e que veñan ben cargados

de xoguetes os Reis Magos!



Teño un chifre de verdade!

Teño un chifre verdadeiro!

Non quero chifres de pallas

nin de cascas de salgueiro…!

clica no reproductor para escoitar a canción






martes, 26 de abril de 2011

WEBQUEST: OASIS e a súa canción "WHATEVER"

Durante este trimestre os alumnos do 3º ciclo debedes facer esta WEBQUEST.

Con este traballo aprenderedes música, a utilizar diferentes recursos das tecnoloxías de información e comunicación e a traballar en equipo.

É moi importante que valoredes as aportacións de todos os membros do grupo. Non esquezades que a cada persoa se lle dan ben unhas cousas.


TODOS PODEDES APRENDER DE, E CON OS COMPAÑEIROS !!!!!


MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR !!!!!!!!!!!!!!!!!






sábado, 23 de abril de 2011

jueves, 21 de abril de 2011

DANZANDO PARA INZILBETH

O venres, 15 de Marzo, celebramos o Día do Libro e o aniversario de Inzilbeth.

Foi unha xornada moi divertida e con moitas sorpresas para todos.

Na clase de música quixemos facerlle un agasallo a Inzilbeth, polo que durante esa semana fixemos unha danza por ciclo, que grabamos en vídeo.

O resultado foi moi bonito e Inzilbeth e Drac, que estaba de visita, disfrutaron moitííííísimo.




domingo, 10 de abril de 2011

UNHA CLASE MOI ESPECIAL!!!

A pasada semana Antía trouxo a súa FRAUTA TRAVESEIRA e deu a todos unha pequena charla sobre o instrumento que toca na Escola de música.

Os compañeiros fixéronlle preguntas que ela contestou sin titubear.

Ademais tamén tocou unhas cancións para o disfrute de todos. FOI MOI INTERESANTE!!!

Aquí tedes un resumo do que foi a sesión.



viernes, 1 de abril de 2011

OGÚ y MAMPATO EN RAPA NUI




Entusiasmado polas historias que lle conta o seu pai sobre a Illa de Pascua, Mampato decide visitar este lugar e coñecer máis sobre os seus misterios.

Co seu cinto espacio temporal, viaxa ata a prehistoria en busca do seu amigo e compañeiro Ogú, un simpático home das cavernas.

Xuntos viaxan a través do tempo e do espacio, ata a illa de Rapa Nui.

Nesta coñecen a unha pequena lugareña chamada Marama, que será a súa anfitriona, guía e compañeira nesta aventura.

Aquí tedes un pequeno fragmento da película.




RAPA NUI

RAPA NUI é unha película do ano 1994. A trama basease nas lendas de Illa de Pascua.

Ainda que moitas das situacións son ficticias, podemos considerala como unha atractiva fábula ecoloxista, na que destacan a boa fotografía e a espectacularidade das paisaxes.

Aquí vos deixo o trailer da película no que podedes ver un MOÁI xigantesco. Está en inglés porque non o atopei en castelán, pero seguro que iso non é un problema para vos, a que non?