lunes, 24 de junio de 2019

VACACIÓNS!

Desexo que pasedes un bo verán. O traballo que fixéchedes durante este curso foi fantástico!

PILAS CARGADAS PARA SETEMBRO!!!




PEQUENOS ARTISTAS

Como remate do curso dous dos nosos "pequenos artistas" tocaron, entre outras pezas, a canción máis coñecida da película Titanic, que tamén traballamos na aula este curso, formando parte do repertorio de bandas sonoras coas que gozamos na clase de música.

Vexamos a súa interpretación.







FLASHMOB "WE WILL ROCK YOU"

Como remate do proxecto deste curso, "Un cole de película", os alumnos de 5º e 6º  puxeron en escena un flashmob coa canción "We will rock you", da película "Bohemian Rhapsody", que previamente habían coreografiado.

O seu obxectivo era sorprender aos compañeiros e conseguírono.

Non volo perdades!



BO TRABALLO CHICOS!!!