AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

O ANDAR MIUDIÑO

Neste repaso da música tradicional galega imos cunha cantiga que podemos escoitar cando o equipo de baloncesto "Obradoiro" de Santiago de Compostela, xoga un partido na súa cancha.













sábado, 13 de mayo de 2017

ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR

Imos cunha divertida canción acumulativa, "Estando a mora no seu lugar".

Prestade moita atención e non esquezades ningún personaxe!





lunes, 8 de mayo de 2017

DIME QUE FIXECHES!


Cantaremos un clásico do grupo MIGALLAS. 

A canción "Dime que fixeches" a bo fe converterase nun éxito entre os máis pequenos do cole, pero temos un pequeno problema. Resulta que dous personaxes da canción non están na clase de música.

A cegoña coma ten moita vergoña escondeuse dos nenos e Antón non quixo deixala soa e agachouse con ela.

Pepiño contounos que están agachados polo cole, non é a primeira vez que o fan, e que temos como misión atopalos.
Explicounos que fai moitos anos xa escaparan da aula de música e que os nenos argallarán un plan  para atopalos que deu moi bos resultados.

O plan tiña dúas partes: a primeira parte consistiu en aprender a cantar a canción moi ben e a segunda parte foi ir por todo o colexio cantando a canción baixiño ata que a escoitaron a cegoña e Antón e sairon do seu escondite.

Como o plan foi todo un éxito este ano faremos o mesmo a ver se os atopamos pronto.

Imos coa primeira parte, APRENDAMOS A CANCIÓN MOI MOI BEN!




domingo, 23 de abril de 2017

TOCAMOS O HIMNO GALEGO

O próximo día 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas e este ano, que está dedicado ao escritor Carlos Casares, tocaremos para pechar a festa o noso himno.

Premede na bandeira para ver o vídeo e a partitura.


CARLOS NÚÑEZ E A MÚSICA TRADICIONAL

Carlos Núñez é un dos músicos galegos actuais máis recoñecido a nivel internacional.

Naceu en Vigo o 16 de xullo de 1971 e leva publicados diferentes discos nos que recolle música tradicional así como composicións propias.

Se queredes ter máis información sobre Carlos Núñez premede na súa fotografía.


Durante este trimestre imos traballar cunha melodía que aparece no seu primeiro disco, titulada "Villancico para la navidad de 1829". 

Si, xa sei que non estamos no Nadal, pero quen dixo que non podemos tocar un villancico no mes de abril? É tan marchoso que apetéceme moito tocalo, ou sexa que mans aos instrumentos!!!

Esta melodía foi composta no 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo.

Carlos Núñez fíxolle diferentes arranxos e incluina no seu disco "A Irmandade das Estrelas!

Para traballar con esta canción utilizaremos un musicograma con arranxos de Nerea Seijoso, que está moi chulo.

Os instrumentos que imos utilizar son: PANDEIRETAS, AXÓUXERES, CAIXAS CHINESAS, CLAVES, PANDEIROS E TRIÁNGULOS.

A estrutura da canción é a seguinte:






















É agora a tocar!



domingo, 16 de abril de 2017

A CAROLINA

Fai algúns anos traballamos con esta canción tradicional galega. 

Premede na saia da Carolina e teredes diferentes versións da canción así como a partitura para poder tocala coa frauta.


Este curso aprenderemos unha versión modernííísima desta tradicional canción.

Canta o grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".

ANIVERSARIO DE INZILBETH

Xa quedan poucos días para que chegue o aniversario da nosa querida mascota. 

Parece que foi onte cando naceu de aquel xigantesco ovo que apareceu misteriosamente na biblioteca do cole.


Como a canción "Parabéns para ti" coa que ides a agasallar a Inzilbeth xa a sabedes tocar na frauta, aquí déixovos uns simpáticos videos para que a toquedes cos Boomwhackers ou como nos lle chamamos, os tubos sonoros.

A melodía aparece con algunhas diferencias coa nosa partitura. Dicídeme cales son esas diferencias.













martes, 11 de abril de 2017

SE BUSCAN VALIENTES... NO CRUCEIRO!

Despois de traballar sobre o acoso escolar utilizando o tema "SE BUSCAN VALIENTES" os alumnos de 6º gravaron a canción en vídeo.











lunes, 10 de abril de 2017

CONCERTO "PAXARO AMIGO"

Despois de dous intentos frustrados por fin puidemos asistir ao concerto de "Mamá Cabra".

Valeu a pena esperar porque o espectáculo foi xenial. Cantamos, tocamos e bailamos cos artistas e pasámolo moi ben.




domingo, 5 de marzo de 2017

QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!!!

Que guais son os vasos musicais, non si?

Pois imos acompañar a canción "QUE GUAI!" de Mamá Cabra con eses vasos musicais que nos trouxeron os Reis Magos.

Déixovos un vídeo co musicograma. Empecemos a practicar!!!





QUE GUAI!

"QUE GUAI" é unha das cancións que escoitaremos no concerto de "Mamá Cabra" en Pontevedra.

Aquí déixovos a canción coa letra para que vaiades practicando.







jueves, 2 de marzo de 2017

PAXARO AMIGO. MÚSICAS PARA A PAZ

O 17 de marzo os nenos de 1º e 2º de primaria asistiredes a un concerto de "Mamá Cabra".

O espectáculo titúlase "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e conta a historia dun ornitólogo que anda en busca dun paxaro en extinción. O ornitólogo prefire a compañía dos paxaros á da xente, porque pensa que as persoas só saben facer guerras.

Unha personaxe misteriosa faralle ver, a través das cancións, que as persoas podemos facer moitas cousas para aprender a vivir en paz.

Aqui temos dous vídeos sobre o espectáculo.







jueves, 23 de febrero de 2017

NOVO COLEXIO XA!!!

ENTROIDO REIVINDICATIVO!!!

Premede na foto e cantemos todos a canción!



jueves, 16 de febrero de 2017

CONCERTO DE GAITEIROS DA XISTRA

O concerto foi moi divertido e varios nenos do colexio sairon ao escenario como axudantes dos músicos.

Aquí vos deixo unhas fotos e un vídeo, nos que aparecen ben guapiños!









miércoles, 15 de febrero de 2017

COMPÁS DE CATRO POR CATRO

Repasaremos o compás de catro por catro utilizando un xogo moi divertido que atopei no blog "Clase de música 2.0".

Estaredes divididos en dous equipos e iredes contestando as preguntas alternativamente.


Que equipo será o campión???

Quizais os dous???


Clicade na imaxe para empezar!