domingo, 21 de octubre de 2018

PREPARAMOS O SAMAÍN!


Estamos a nos achegar á data máis terrorífica do ano, si si... pronto celebraremos o Samaín!

Xa sabedes que este mes está connosco Silvia Morgade facendo prácticas e ela traballou co alumnado de 6º para preparar unha versión caseira e personalizada dun tema da serie de televisión "A familia Addams".

Esta canción cantarémola todos xuntos como peche do festival do Samaín.

Déixovos un vídeo cos preparativos e o vídeo da canción.

Traballarémola na clase de música pero xa podedes empezar a practicala para que soe terrorificamente ben!






domingo, 14 de octubre de 2018

PEDRO E O LOBO: INSTRUMENTOS

Xa coñecemos a historia de Pedro e os seus amigos e agora toca coñecer os instrumentos e os temas que representan a todos os protagonistas do conto.

ESTADES PREPARADOS?

Se a resposta é SIIIIII premede na imaxe e prestade moita atención!



viernes, 12 de octubre de 2018

A FAMILIA ADDAMS. FACEMOS A LETRA!

Silvia e os alumnos de 6º puxéronse mans á obra, e a letra en galego da canción "A familia Addams" está lista.



A neta, o tío e a avoa,
o pai tan poderoso,
a bela nai dunha
familia tan normal.

Se van a visitala
non esperen una festa.
Así verán a esta
familia tan normal.

QUE FERMOSURA!
QUE DOZURA!
QUE LOUCURA!

Se queren divertirse,
que moito non lles custa,
aquí é a casa desta
familia tan normal.

Familia do Cruceiro
visita o cemiterio.
Onde están os Addams?
Familia tan normal.

Estamos no Cruceiro,
somos a familia Addams.
Se non che gusta moito,
cabaza e pra túa casa.


Déixovos o vídeo que fixo Silvia para que vaiades practicando a canción. 


Lembrade que a vindeira semana gravaremos o vídeoclip para que os vosos compañeiros poidan aprender a canción.



jueves, 11 de octubre de 2018

PEDRO E O LOBO


"Pedro e lobo" é un conto musical composto por Serguéi Prokófiev no ano 1936.

Nesta historia os personaxes están representados por instrumentos da orquestra.

Disney fixo unha película con esta historia no ano 1946.

Prestade moita atención ao conto.





martes, 9 de octubre de 2018

A FAMILIA ADDAMS

Durante o mes de outubro acompañaranos na clase de música Silvia Morgade, ex alumna do colexio que agora está estudiando Maxisterio. Este curso é o seu último ano e fará prácticas connosco.

Como pronto celebraremos o Samaín, Silvia deseñou unha tarefa con diferentes actividades que desenvolverá co alumnado de 6º curso. Por suposto pode contar coa colaboración de todos.

MOITO ÁNIMO SILVIA!!!




"A familia Addams" foi unha serie de televisión estadounidense para todos os públicos que se emitiu dende o ano 1964 ata o 1966.

A serie estaba formada por 64 capítulos de trinta minutos de duración, filmados en branco e negro.

Os Addams son unha familia macabra e con habilidades sobrenaturais. Está formada por Gomez Addams, a súa esposa Morticia, dous fillos, un tío e a avoa. Viven na rúa do Cemiterio nº 0001 nunha gran mansión con dous serventes e con unha man sen corpo que sae dunha caixa de madeira.

O humor da serie baseábase no choque cultural entre os costumes da familia e os do resto do mundo.

No ano 1991 estreouse a primeira película titulada "A familia Addams", que conta a historia do tío Fétido, que despois de levar anos perdido regresa a casa, feito que aproveitará unha malvada muller para intentar roubar todo o que a familia posee, incluida a súa mansión.

Da película filmáronse dúas partes máis.

Tamén se fixeron diferentes series con debuxos animados e agora prepárase unha película de animación que se estreará no ano 2019.

Vexamos unhas esceas da serie orixinal.



Aquí deixámosvos a letra da canción, da versión en castelán.


La nieta, el tío y la abuela,
el padre de alta cuna,
la bella madre de una
familia muy normal.

Si van a visitarla
no esperen una fiesta
así verán a esta
familia tan normal.

Que hermosura!
Que dulzura!
Que locura!

Si quieren divertirse
que al cabo no les cuesta
aquí es la casa de esta
familia muy normal.

Ata os Simpsons quixeron converterse na familia Addams.



E non podía faltar un musical. Aquí tedes o que se representou no noso pais.

 








domingo, 7 de octubre de 2018

EL REY LEÓN: A-WEEMA-WEH



"O rei león" é unha película producida por Disney.

Estreouse no ano 1994 e é a primeira película animada de Disney que conta unha historia orixinal.

A sabana africana e o escenario no que teñen lugar as aventuras de Simba, un pequeno león que é o herdeiro do trono.
Simba é inxustamente acusado polo malvado Scar da morte do seu pai polo que se ve obrigado a marcharse.
Durante o tempo que está fora da súa casa fai boas amizades e grazas ao seu apoio volverá para recuperar o que é seu, o trono.





Da historia do rei león tamén se fixo un musical que triunfa en todo o mundo.




Imos aprender unha canción que cantaba Simba cos seus amigos Timón e Pumba.

 





A-weema-weh…

En la jungla, la negra jungla
dormido está el león.
En la jungla, calmada jungla
dormido está el león.

En la aldea, tranquila aldea
dormido está el léon.

Calma niño, mi dulce niño
dormido está el león.

A-weema-weh…



viernes, 5 de octubre de 2018

PETER PAN: AQUELLA ESTRELLA DE ALLÁ



Peter Pan é un personaxe ficticio protagonista dunha obra de teatro estreada en Londres no 1904.

Peter Pan é un neno que nunca crece e ao que non lle gusta o mundo dos adultos. Sempre vai acompañado dunha fada chamada Campanilla. O polvo que esta desprende fai que Peter Pan poda voar.
Peter Pan vive no pais de Nunca Xamais, unha illa poboada por piratas, indios, fadas e sereas, onde vive moitas aventuras xunto aos seus amigos os Nenos Perdidos. 




Aquella estrella de allá
hoy brillará por ti.
Tus sueños se realizarán,
siempre ocurre así.

Aquella estrella de allá
tiene una extraña luz.
Quizá nunca jamás se irá,
si es que la sigues tú.

Brilla estrella brilla más
y sabré donde estás.
Hasta un mágico pais
tú me guias por el cielo.

Y cuando vas a dormir,
y el día ya se va.
La estrella te iluminará
y siempre brillará.


E agora que xa sabedes a canción acompañarémola con instrumentos de percusión, axudados polo seguinte vídeo.

Tede en conta as seguintes equivalencias:













miércoles, 3 de octubre de 2018

POCAHONTAS: COLORES EN EL VIENTO



Pocahontas é unha película da factoría Disney que conta a historia da princesa indíxena e do mariñeiro inglés John Smith.

A protagonista da película é un personaxe real, aínda que a súa vida non foi  tan romántica como Disney nos conta se non que tivo unha vida dramática.