sábado, 25 de junio de 2011

jueves, 23 de junio de 2011

CANCIÓN DA VACUNA

Os nenos de 5 anos interpretan cos seus debuxos a "Canción da vacuna".





viernes, 17 de junio de 2011

OS ALUMNOS DE 4º TOCAN A MELODÍA "OS ESQUELETOS"

Os nenos de 4º tocaron a canción "Os esqueletos" utilizando instrumentos de placas.

Non tiveron moito tempo para ensaiar polo que teñen algún pequeno despiste, pero o tempo apremia xa que o remate do curso está á volta da esquina, e non había tempo para ensaios.

Aquí tedes unha gravación da súa interpretación.







sábado, 11 de junio de 2011

ALEX E O SEU ACORDEÓN

Esta semana Alex trouxo o acordeón a clase. Explicou aos seus compañeiros como se tocaba e despois tocou dúas melodías compostas por él mesmo.

Cando estaba tocando chegaron os nenos de 2º que estiveron moi interesados na súa interpretación.

Non vos asustedes polas caras dos nenos, é que antes pintáronse para tocar a canción "Os esqueletos".

Clicade no acordeón para ver a presentación do instrumento.





Escoitade unha peza tocada por Alex.




Agora podedes ver unha interpretación a catro mans: Antón manexa o teclado e Alex encárgase do fuelle. Clicade no debuxo.




domingo, 5 de junio de 2011

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe, día 5 de Xuño, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

MUSIKEANDO quere sumarse a esta celebración e aquí vos deixo un vídeo fantástico que nos presenta da man á natureza e á música.





sábado, 4 de junio de 2011

OS ESQUELETOS

Ainda que non estemos en Halloween, os alumnos de 4º moven o "esqueleto" e adiviñades o nome da canción que están tocando?  Acertáchedes, chámase "Os esqueletos".

A actividade mete medo e pronto veremos a súa actuación, si é que vos atrevedes.

A os "esqueletos" de 4º deixovos a partitura para que vaiades practicando.





Para ver como bailan os esqueletos clicade na imaxe.