sábado, 29 de marzo de 2014

O ANDAR MIUDIÑO


"O andar miudiño" é unha cantiga tradicional galega que o clube de baloncesto "Obradoiro" elixiu como himno do equipo.

É realmente emocionante cando nos partidos todo o pavillón vibra ao ritmo desta melodía.

Como o noso cole é un fan do "Obradoiro", de feito fomos os gañadores das dúas convocatorias do concurso de debuxo do Nadal como o colexio máis participativo, o que nos levou a ser invitados a presenciar dous partidos, este ano imos a aprender a tocar coa frauta esta canción.









domingo, 23 de marzo de 2014

NA BEIRA



A cantiga tradicional galega "Na beira", ou tamén chamada "Na beira do mar", fai, como tantas outras, referencia a un tema moi cercano a nos, o mar, que actualmente non pasa polos seus mellores momentos. Esperemos que as cousas cambien!!!

Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.





sábado, 22 de marzo de 2014

DE CONCERTO CON ODAIKO

Esta semana disfrutamos dun concerto do grupo de percusionistas ODAIKO. Se o concerto do pasado curso, "Odaiko nas escolas",  foi fantástico o de este ano, "Vaia circo", aínda estivo mellor, polo menos iso dixeron os nenos e eu penso que non lles falta razón.

Aquí vos deixo unhas fotos da súa actuación.Clicade na imaxe!


sábado, 15 de marzo de 2014

A MORTE DE AASE

"A morte de Aase" forma parte da Suite nº 1 da obra "Peer Gynt" do compositor noruego Edvard Grieg.

Os intrumentos da familia da corda frotada son os protagonistas na interpretación desta melodía, que representa a tristeza que supón para Peer Gynt a morte da súa nai.


clica na imaxe para escoitar a música

https://dl.dropbox.com/s/2scfnbih7oa5g3b/A%20MORTE%20DE%20AASE.swf?m=