lunes, 30 de marzo de 2020

AXENDA PARA ESTA SEMANA

Ola chicos!

Déixovos unha axenda con actividades para esta semana.

Hai traballo para todos os cursos. Elixide vós o que queredes facer.

De todas formas seguirei poñendo máis actividades e xogos durante estes días.











sábado, 28 de marzo de 2020

A HORA DO PLANETA

Hoxe sábado 28 de marzo, celébrase a "Hora do planeta" 2020, polo que dende as 20:30 ata as 21:30 horas estamos chamados a apagar as luces das casas, dos edificios e dos monumentos, como símbolo da loita contra o cambio climático.



Déixovos a canción "Ahora, el planeta". Todos a cantar e a bailar!!!



Debido a que este ano estamos confinados na casa, a ONG que organiza diferentes actividades ,WWF, propón que saiamos á ventá e que escribamos coa linterna dos nosos teléfonos a seguinte frase "APAGA A LUZ. TODO IRÁ BEN", utilizando o CÓDIGO MORSE.

INTENTEMOS ESCRIBIR ESA FRASE EN CÓDIGO MORSE!!! SERÁ DIVERTIDO!!!

Pero ¿qué é o Codigo Morse? 

É un alfabeto que utiliza pitidos curtos ou longos. Un pitido longo equivale a tres pitidos curtos.

Aquí vos deixo a equivalencia de cada letra en Morse.


Déixovos tamén máis información sobre este alfabeto tan interesante.







Para transmitir esta mensaxe non utilizaremos sons, senón a luz de linternas ou dos teléfonos móbiles.

PEDIDE AXUDA ÁS PERSOAS MAIORES QUE ESTÁN NA CASA E INTENTADE FACELO ENTRE TODOS. 

QUE VOS PARECE?


jueves, 26 de marzo de 2020

GRANDES COMPOSITORES! LUDWIG VAN BEETHOVEN


Nun post anterior a este escoitabamos a interpretación do "Himno á alegría" da 9ª sinfonía de Beethoven.

Beethoven foi un dos grandes xenios da historia da música. Lembrade que quedou xordo e aínda así foi capaz de compoñer melodías marabillosas.


Déixovos unha orixinal biografia do xenial Beethoven.




Antes falabamos do "Himno á alegría" e aquí vos deixo un vídeo para que intentedes tocalo con calquera instrumento melódico que teñades na casa.

Se non tedes un instrumento melódico podedes tocar o ritmo con instrumentos de percusión corporal ou con calquera obxecto que atopedes pola casa co que podades facer sons.




Os frautistas podedes intentar tocar esta melodía, con sons máis agudos, utilizando o seguinte titorial.



E agora xogemos un pouco!

No ano 2015 un doodle de Google lembrou as obras máis coñecidas do músico. 

Atrevédevos a xogar!



Para rematar podedes facer estes puzzles, O primeiro é máis sinxelo e o segundo un pouquiño máis complicado.






miércoles, 25 de marzo de 2020

VAIA DESPISTE!


Pero que fai Camaleón polo blog de música??? VAIA DESPISTE!

Moitos de vós non coñecedes a Camaleón, pero os nenos e nenas de 1º, os meus alumnos de Ciencias,  saben moi ben quen é. A que si chicos?

Paréceme escoitar ao lonxe que todos están decindo SIIIIIIIIII.

O que non entendo e que fai por aquí o noso amiguiño  😏😏😏.





PREMEDE NA IMAXE PARA IR AO BLOG!


martes, 24 de marzo de 2020

A MÚSICA ACURTA DISTANCIAS!


"NOS MOMENTOS DIFICILES A MÚSICA ACURTA DISTANCIAS"

Esta bonita mensaxe forma parte do vídeo que gravaron os membros da Orquestra de Castilla e León, confinados, cada un, na súa casa.

A obra que interpretan é o "Himno á alegría" da Novena Sinfonía de Beethoven, que é tamén o himno da Unión Europea.

FANTÁSTICA INICIATIVA NO "ANO BEETHOVEN", QUE SE CELEBRA NESTE 2020.




A XOGAR!

Seguimos con xogos, pero esta vez dirixidos aos nenos un pouquiño más maiores.

TEMA: NOTAS E FIGURAS MUSICAIS

Premede na imaxe.


lunes, 23 de marzo de 2020

CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Lembrades o proxecto deste curso? Claro que si!

Seguro que recordades o lema "REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR", a que si?

Centrémonos en RECICLAR.

Fágovos unha proposta de traballo/diversión para estes días nos que non podedes sair da casa.

Construide instrumentos utilizando material de refugallo, a ver se entre todos conseguimos unha gran orquestra, aínda que sexa na distancia.

Podedes pedirlle as persoas que están na casa que vos axuden ou que vos den ideas.

Aqui tedes algúns vídeos, pero o máis importante e que deixedes VOAR A IMAXINACIÓN.

Se facedes instrumentos podedes mandarme unha foto ou un vídeo e eu compartireina no blog.

Déixovos aquí o enderezo do correo electrónico:  clasedemusicavilalonga@gmail.com


ANIMÁDEVOS!










domingo, 22 de marzo de 2020

PEQUENOS ARTISTAS

Hoxe Fran interpreta ás súas obras dende a terraza da súa casa.

Que sorte respirar ao aire libre!





A XOGAR!

Aí van uns xogos para que pasedes o rato.

INSTRUCIÓNS: Eu dareivos diferentes palabras dun tema relacionado coa clase de música. Debedes buscar estas palabras en tres xogos diferentes, uns son máis sinxelos e outros non tanto.

A xogar!



TEMA: NOTAS DA ESCALA MUSICAL

Preme no monstro para empezar a xogar.


¿Qué nota é a que falta?


TEMA: INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DA NOSA AULA DE MÚSICA

Preme no monstro para empezar a xogar.


sábado, 21 de marzo de 2020

PEQUENOS ARTISTAS

Fran ofrécenos dúas novas cancións interpretadas co seu trombón.

MOITAS GRAZAS! 😃😃😃



viernes, 20 de marzo de 2020

GRANDES COMPOSITORES! ANTONIO VIVALDI

Durante este periodo que non podamos estar xuntos na aula irei colgando no blog pequenas biografías de algúns dos máis importantes compositores da historia da música.

Chamareille a esta sección "GRANDES COMPOSITORES".

Empezarei con Antonio Vivaldi, xa que é o compositor da obra "As catro estacións".

Déixovos un vídeo da súa biografía que é moi divertido. Non volo perdades!



E AGORA TOCA XOGAR!

Aí van 3 crebacabezas con distintos graos de dificultade.

Pode xogar toda a familia!












CHEGOU A PRIMAVERA!


No estado de alarma no que nos atopamos por mor do COVID-19 e case sen darnos de conta, esta madrugada, ás 4:50 horas, entrou a primavera.

Para relaxarnos nada mellor que botar man da obra de ANTONIO VIVALDI "As catro estacións" e escoitar a parte que representa á primavera.















CANCIÓNS SOBRE O PLANETA

Neste post déixovos unha pequena recopilación de cancións sobre o planeta que xa fixemos na clase e outras que penso vos poden gustar.




jueves, 19 de marzo de 2020

PEQUENOS ARTISTAS

Fran ten intención de compartir con todos, nestes días que estamos na casa, temas de diferentes estilos interpretados co seu trombón.

FANTÁSTICA IDEA!!!




miércoles, 18 de marzo de 2020

CUPS


Como nalgunhas clases estabamos traballando cos vasos musicais déixovos uns vídeos que vos gustan moito.

Tocar este ritmo é dificil, pero, porque non intentalo?

Se vos gravades e me mandades o vídeo ao correo que puxen no blog compartirémolo con todos. Quen se atreve?




Aquí vos deixo un titorial.



E aquí tendes a versión de Paula Rojo.




TRABALLANDO NA CASA!



Fran, dende a súa casa, quere compartir con nós unha peza interpretada co trombón.



GRAZAS!!!


PEQUENOS ARTISTAS

Neste 2º trimestre Fran e David mostráronnos os seus avances tocando o trombón e o saxofón.





MOI BEN!!!


lunes, 16 de marzo de 2020

SOS


Ola chicos!

Se vos podo axudar con algunha dúbida que teñades podedes contactar comigo a través dos comentarios do blog ou do seguinte correo electrónico:

clasedemusicavilalonga@gmail.com

Se estades traballando na casa e queredes mandarme unha foto ou vídeo tocando ou cantando eu subirei todo ao blog para que o vexan os compañeiros.

Unha aperta.



O LOBO E OS TRES PORQUIÑOS

Esta canción é unha das favoritas dos máis pequenos e co que máis gozan e facendo o xogo na clase.

Na casa podedes xogar con eles. Facede dous equipos, un de lobo, ou lobos, e outro de porquiños, e representade a canción. 

Será moi divertido!










AI, PEPIÑO, ADIÓS!


Canción tradicional galega moi cantada en todo tipo de festas, sobre todo nas familiares, que estamos tocando coa frauta.

Seguide tocando ata o final porque o estabades facendo moi ben.

Ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño por Deus non te vaias,
quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar na praia
como nos pasou a nós.





NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA


Con esta peza da obra "Peer Gynt" de Edvard Grieg estamos practicando a escala coa frauta.

Déixovos os vídeos que vimos na clase e a partitura para que vaiades practicando.

Que soen as frautas!










E por último imos coa melodía.




QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!

Deixovos o vídeo coa canción "Que guai" para cantar e tocar. Como xa falamos na clase, podedes utilizar calquera vaso de plástico ou cartón que teñades na casa. Se non tedes vasos usade unha botella de plástico ou outra cousa que se vos ocurra. O importante é tocar tal e como nos indica o vídeo.

Seguro que soará en Vilalonga unha orquestra peculiar!





domingo, 15 de marzo de 2020

ALERTA CORONAVIRUS


Durante o tempo que non podades asistir a clase colgarei no blog diferentes actividades para que repasedes.

Farei un acceso rápido a vídeos con cancións, xogos de ritmo, partituras, etc, xa que a música vos pode axudar a pasar o tempo e sempre estará ben compartila coa familia.

Botádelle unha ollada ao blog de cando en vez!


jueves, 27 de febrero de 2020

O SON DO AR

Luar na Lubre é un grupo galego que fai música folk. As súas melodías baseanse na música galega e na de inspiración celta.

O grupo naceu no ano 1986 na cidade de A Coruña.

Un dos seus temas máis coñecidos é "O son do ar", tanto é así que o músico británico Mike Oldfield incluiu unha adaptación do tema no seu disco "Voyager" e invitou ao grupo á súa xira mundial o que fixo que o grupo se coñecera internacionalmente.




Tocaremos unha adaptación para a frauta doce.





viernes, 7 de febrero de 2020

UNHA NOVA CANCIÓN

Un curso máis e unha nova canción!

Chega o Entroido e seguimos reivindicando a construción do novo colexio. 

Grazas á xenerosidade de Mon e de Andrea temos un novo tema, con moitísima marcha, para cantar e bailar.



Xa nos gusta ver que están empezando
as obras do novo colexio comezando.
A ver si de unha vez xuntos traballando
podemos ver o colexio funcionando.

O COLEXIO (TERMINANDO) O COLEXIO (FUNCIONANDO)
O COLEXIO (ENTREGANDO) O COLEXIO (PARA CANDO).

Hai ganas de ver todo funcionando,
tedes que entender, son moitos anos pelexando.
E para o ano que ven todos apoiando
podemos ver o colexio funcionando.

O COLEXIO (TERMINANDO) O COLEXIO (FUNCIONANDO)
O COLEXIO (ENTREGANDO) O COLEXIO (PARA CANDO).

FAINO XA, FAINO XA, FAINO XA
VEÑA XA, TERMINA XA, QUERO XA.

O COLEXIO QUEREMOS VELO FUNCIONAR (BIS)  (rap)
PARA CANDO TEDES PENSADO TERMINAR? (BIS)

Xa nos gusta ver que están empezando
as obras do novo colexio comezando.
A ver si de unha vez xuntos traballando
podemos ver o colexio funcionando.

O COLEXIO (TERMINANDO) O COLEXIO (FUNCIONANDO)
O COLEXIO (ENTREGANDO) O COLEXIO (PARA CANDO).

FAINO XA, FAINO XA, FAINO XA
VEÑA XA, TERMINA XA, QUERO XA.

Hai ganas de ver todo funcionando,
tedes que entender, son moitos anos pelexando.
E para o ano que ven todos apoiando
podemos ver o colexio funcionando.

FAINO XA, FAINO XA, FAINO XA
VEÑA XA, TERMINA XA, QUERO XA.

O COLEXIO QUEREMOS VELO FUNCIONAR (BIS)  (rap)
PARA CANDO TEDES PENSADO TERMINAR? (BIS)

FAINO XA, FAINO XA, FAINO XA
VEÑA XA, TERMINA XA, QUERO XA.



miércoles, 15 de enero de 2020

SKA DE LA TIERRA


Este ano para celebrar o Día da Paz cantaremos a canción de Bebe “Ska de la Tierra”.  

Coidar o planeta tamén é traballar en prol da PAZ!