domingo, 8 de julio de 2012

UN METRÓNOMO MOI ARTÍSTICO!!!

Despois dun mes de xuño moi axetreado, que me impediu publicar no blog, quero deixar este post como peche do curso.

Despídome cos maiores, que marchan do cole dispostos a vivir unha nova etapa na súa formación.

MOITA SORTE A TODOS!!!!!!!!!

Na excursión de fin de curso estivemos en Madrid e visitamos o "Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía". Alí vimos obras moi interesantes e entre elas había uha réplica xigante dunha obra  de Man Ray, un artista estadounidense da época do surrealismo, que representa a un metrónomo no que na parte de arriba da súa varilla colocou un ollo.
Dependendo de onde esteamos colocados podemos ver o ollo aberto ou pechado.


A obra orixinal titulábase "Obxecto para ser destruido" e foi feita no ano 1923. Era un metrónomo de 26 cm no que puxo, na parte superior da varilla, un ollo. Cando a moza do autor o deixou este colocou no metrónomo unha fotografía do ollo dela e cambioulle o nome polo de "Obxecto de destrución". No ano 1957 un grupo de estudantes destruiron o metrónomo. No 1963 Man Ray fixo outro ao que lle puxo por nome "Obxecto indestructible" e está exposto no Museo de Arte Moderno de New York.

Xunto á réplica que hai en Madrid podemos ver aos alumnos de 6º, que tamén son indestructibles...