sábado, 19 de enero de 2013

PEDRO E O LOBO

Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical de Serguéi Prokófiev "PEDRO E O LOBO".

Para empezar veremos a versión que fixo Disney da historia.




Aquí tendes un fragmento da representación que a compañía granadina Etcétera fixo no Teatro Real.





Agora podemos disfrutar dun simpático ballet.











HISTORIA DA MÚSICA

Fantástico vídeo atopado en Eduplaneta Musical e publicado por Alicia, que fai un rápido repaso pola historia da música.

Non volo perdades!!!





sábado, 12 de enero de 2013

ODAIKO


O día 22 disfrutaremos da actuación dun grupo de percusión chamado ODAIKO. Fan unha posta en escea moi orixinal e innovadora e imos pasalo moi ben.

Como xa empezamos a preparar o concerto e tal e como vos dixen aquí tendes os vídeos que vimos na clase para que podades darlles un repaso.









ANTONIO VIVALDI: INVERNO


Que frio fai!!!! Iso vai ser que estamos no inverno, a que si???

Para ir coa estación agora toca estudiar a música que Vivaldi escribiu para contarnos o que é o inverno.

O concerto titulado INVERNO ten 3 movementos:

- 1º movemento: Allegro non molto
- 2º movemento: Largo
- 3º movemento: Allegro

Nos seguintes vídeos Karajan dirixe á Filarmónica de Berlín.









Aquí vos deixo unha pequena historia sobre o inverno que nos ofrecen dende MÚSICA EN ALCALÁ.