OS NOSOS CONTOS

OS NOSOS CONTOS: "ÉRASE UNHA VEZ..."

O conto, dende sempre é unha ferramenta imprescindible para o traballo na escola. É moi motivador para os alumnos, xa que sempre consegue captar a atención de todos, ata a dos máis inquedos, por iso penso que é importante utilizalos sempre que se poda, ademáis a miña experiencia dime que non hai idade para escoitalos, xa que os maiores engánchanse tanto como aqueles máis pequeniños.

Na clase de música utilízoos moito para traballar nos diferentes proxectos ou para traballar aspectos da linguaxe musical.


Esta será unha nova sección do blog na que irei recopilando os contos da clase de música.


A carácterística que teñen estes contos é que son de elaboración propia e que en moitos deles os nenos do cole son protagonistas. Dunha ou doutra maneira eles sempre aparecen: facendo as ilustracións, colaborando na creación da historia, coas súas fotografías, etc.

Moitos dos nenos que fixeron posibles estes contos xa non están no colexio (o tempo pasa moi rápido!!!) pero podemos recordalos cando os leamos, ah ademais sempre hai polo centro algún irmanciño pequeno ao que lle fai moita graza saber que aquelo que está vendo debuxouno o seu irmán ou irmá, que orgulloso se sente nese intre!!!


Esta será unha páxina viva que irá crecendo a medida que pase o tempo, como os nosos alumnos, je je.

ESPERO QUE VOS GUSTE!!!




No hay comentarios: