domingo, 21 de enero de 2018

IMAGINE: MUSICOGRAMA


Con este musicograma practicaremos un acompañamento para a canción, utilizando a percusión corporal.

Soará moi ben! Ánimo e a traballar!!!





sábado, 20 de enero de 2018

IMAGINE

O día 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar da non violencia e a paz" e este curso traballaremos partindo da canción "Imagine" de John Lennon.

IMAXINA QUE ...










viernes, 19 de enero de 2018

ASÍ FOI O CONCERTO!

O luns asistimos a un concerto fantástico que fíxonos viaxar pola historia do cinema.



















sábado, 6 de enero de 2018

IMOS DE CONCERTO!



O 7 de febreiro os nenos de Educación Infantil asistiredes ao concerto "A nena e o grilo nun barquiño".

No concerto veremos como a nena e o grilo van descubrindo o mundo xuntos e a través das cancións.











O PIANO NO CINEMA


A Escola Municipal de Música presenta un concerto que ten como obxectivo principal contextualizar a importancia que tivo o piano nos comezos do cinema, destacando, despois, a nivel interpretativo e compositivo.

A música de película é tan antiga como o propio cinema. Estivo sempre presente dende o seu nacemento en 1895, incluso no cinema mudo.

Nace cando os irmáns Lumiére contratan a un pianista para acompañar a primeira proxección comercial. A inclusión da música no cinema mudo débese fundamentalmente a dúas razóns:
- Disimular o ruido que proviña do proxector e que resultaba molesto para os espectadores.
- Conseguir dar á película unha maior carga emotiva incidindo no dramatismo ou comicidade das escenas.

Vexamos un pequeno vídeo que nos explica como foron os inicios do cinema.



Durante o concerto escoitaremos diferentes temas que aparecen nas películas.


Canción de cuna de Brahms.




Danza das flores do ballet "O crebanoces" de Tchaikovsky.




Película "El golpe".




"Bolero" de Ravel da película "Stalker".




"Hay un amigo en ti" da película "Toy story".




"Star wars".




"Jurassic Park".



E agora a esperar aos concertistas!


lunes, 1 de enero de 2018