domingo, 17 de enero de 2016

NOVENA SINFONÍA DE BEETHOVEN

A sinfonía nº 9 en re menor, op. 125, coñecida como "Coral" é a última sinfonía do xenial compositor. Foi estreada o 7 de maio de 1824 en Viena. Beethoven compartiu o escenario con outro director xa que él estaba practicamente xordo.

Está dividida en catro movementos e imos centrarnos no 4º, que resultou moi orixinal pola introducción de catro solistas e un coro que cantan acompañados pola orquestra. O tema principal deste movemento é o coñecidísimo "Himno a la alegría" co que imos traballar durante este mes.

O magnífico director Riccardo Muti dirixe á Orquestra Sinfónica de Chicago nunha boísima interpretación da 9ª sinfonía na que podemos ver con moito detalle os diferentes instrumentos.

Xa que é moi longa déixovos aquí onde comezan aqueles fragmentos que escoitaremos na clase, pero quen queira animarse a escoitar máis... adiante!!!..., seguro que vai  disfrutar!!!

No minuto 52, 16 segundos comeza o IV movemento.

No minuto 55, 27 segundos comeza, pianissimo, a melodía que xa coñecemos.

No minuto 59, 22 segundos comeza o baixo a cantar e a continuación séguelle o coro.





Agora veremos un Flash Mob en Sabadell onde os músicos sorprenden ás persoas que pasean pola rúa coa súa interpretación.



Outra interpretación máis do 4º movemento da 9ª sinfonía, "O coro máis grande do mundo".



O "Himno a la alegría" foi elixido como himno cando se creou a Unión Europea. Aquí vos deixo unha graciosa interpretación de "Mr Bean" en Alemania.





Fixéronse varias películas sobre a vida de Beethoven. Aquí vos deixo o tráiler de "Copying Beethoven" que conta a historia dunha estudiante do conservatorio que vai traballar como copista de Beethoven. Lembrade que falamos que naquela época as partituras ou se imprimian nas imprentas ou se copiaban a mano, para logo poder vendelas.



sábado, 16 de enero de 2016

LUDWIG VAN BEETHOVEN: BIOGRAFÍA

Déixovos un enlace a unha páxina moi interesante e completísima sobre a vida de Beethoven. Ademais de ter moitísima información tamén ten actividades interactivas e curiosidades.

Mergullémonos nela e aprenderemos moito sobre o xenial compositor.


O 16 de decembro do ano pasado celebrouse o 245 aniversario do nacemento de Beethoven e Google quixo homenaxealo cun doodle interactivo no que había que ordear diferentes fragmentos de obras moi importantes do compositor, entre elas o 4º movemento da 9ª sinfonía. O doodle xa non está activo pero podemos ver o seguinte vídeo para recordalo.






INTERPRETAMOS A BEETHOVEN!


Déixovos a partitura para tocar o "Himno a la alegría". Sexamos como Beethoven!!!


Se clicades no debuxo tedes un xogo para axudarvos a aprender a melodía. 





jueves, 7 de enero de 2016

"HIMNO A LA ALEGRÍA": UNHA CANCIÓN PARA A PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Paz e da non Violencia" e como todos os anos cantaremos todos xuntos unha canción conmemorativa.

Este ano aprenderemos o "Himno a la alegría", famosísima canción interpretada por Miguel Ríos.


clicade na foto se queredes acceder á súa web

Miguel Ríos naceu no ano 1944 en Granada e podemos consideralo como un dos pais do rock español.

No 1969 nace o "Himno a la alegría" tras a adaptación musical do 4º movemento da 9ª sinfonía de Beethoven. O tema fíxose tan famoso que traspasou as nosas fronteiras e foi un gran acontecimento musical en moitos paises do planeta. Vendéronse 7 millóns de discos en todo o mundo e chegou a ser número 1 das listas de éxitos en paises como Estados Unidos, Francia, Italia, Reino Unido ou Alemania.


Miguel Rios interpreta o "Himno a la alegría" nun concerto en Sevilla no ano 2012.

 


Neste vídeo tres importantes cantantes do panorama nacional, Ana Belén, Victor Manuel e Joan Manuel Serrat acompañan a Miguel Rios na súa interpretación do "Himno de la alegría".

 

E agora a nosa interpretación, clicade no debuxo para aprender a letra.


Clicando no título tedes a canción con pictogramas.