domingo, 23 de abril de 2017

TOCAMOS O HIMNO GALEGO

O próximo día 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas e este ano, que está dedicado ao escritor Carlos Casares, tocaremos para pechar a festa o noso himno.

Premede na bandeira para ver o vídeo e a partitura.


CARLOS NÚÑEZ E A MÚSICA TRADICIONAL

Carlos Núñez é un dos músicos galegos actuais máis recoñecido a nivel internacional.

Naceu en Vigo o 16 de xullo de 1971 e leva publicados diferentes discos nos que recolle música tradicional así como composicións propias.

Se queredes ter máis información sobre Carlos Núñez premede na súa fotografía.


Durante este trimestre imos traballar cunha melodía que aparece no seu primeiro disco, titulada "Villancico para la navidad de 1829". 

Si, xa sei que non estamos no Nadal, pero quen dixo que non podemos tocar un villancico no mes de abril? É tan marchoso que apetéceme moito tocalo, ou sexa que mans aos instrumentos!!!

Esta melodía foi composta no 1829 por José Pacheco, o mestre de capilla da catedral de Mondoñedo.

Carlos Núñez fíxolle diferentes arranxos e incluina no seu disco "A Irmandade das Estrelas!

Para traballar con esta canción utilizaremos un musicograma con arranxos de Nerea Seijoso, que está moi chulo.

Os instrumentos que imos utilizar son: PANDEIRETAS, AXÓUXERES, CAIXAS CHINESAS, CLAVES, PANDEIROS E TRIÁNGULOS.

A estrutura da canción é a seguinte:






















É agora a tocar!



domingo, 16 de abril de 2017

A CAROLINA

Fai algúns anos traballamos con esta canción tradicional galega. 

Premede na saia da Carolina e teredes diferentes versións da canción así como a partitura para poder tocala coa frauta.


Este curso aprenderemos unha versión modernííísima desta tradicional canción.

Canta o grupo "Uxía Lambona e a Banda Molona".

ANIVERSARIO DE INZILBETH

Xa quedan poucos días para que chegue o aniversario da nosa querida mascota. 

Parece que foi onte cando naceu de aquel xigantesco ovo que apareceu misteriosamente na biblioteca do cole.


Como a canción "Parabéns para ti" coa que ides a agasallar a Inzilbeth xa a sabedes tocar na frauta, aquí déixovos uns simpáticos videos para que a toquedes cos Boomwhackers ou como nos lle chamamos, os tubos sonoros.

A melodía aparece con algunhas diferencias coa nosa partitura. Dicídeme cales son esas diferencias.













martes, 11 de abril de 2017

SE BUSCAN VALIENTES... NO CRUCEIRO!

Despois de traballar sobre o acoso escolar utilizando o tema "SE BUSCAN VALIENTES" os alumnos de 6º gravaron a canción en vídeo.











lunes, 10 de abril de 2017

CONCERTO "PAXARO AMIGO"

Despois de dous intentos frustrados por fin puidemos asistir ao concerto de "Mamá Cabra".

Valeu a pena esperar porque o espectáculo foi xenial. Cantamos, tocamos e bailamos cos artistas e pasámolo moi ben.