domingo, 21 de octubre de 2012

O SAMAÍN

O día 31 de outubro celebraremos O SAMAÍN, polo que esta semana estamos de preparativos.

Haberá moitas sorpresas e esperamos pasalo DE MEDO!!!


Na clase de música imos cantar a canción do grupo MAMÁ CABRA titulada "SAMAÍN".

Aquí vola deixo para que vaiades practicando.






domingo, 14 de octubre de 2012

AS FIGURAS MUSICAIS

Neste inicio de curso estamos repasando a duración das figuras musicais. Se pasades o rato a carón de cada figura teredes información sobre a súa duración.

Para rematar deíxovos un vídeo moi simpático que nos fala das figuras e que penso vos gustará a todos, pequenos e grandes.





A VACA MARELA

A Asociación de Gaiteiros Galegos realizou un proxecto chamado "PELO GATO 24" no que recolleu xogos e cantigas tradicionais galegas.

Clicade na imaxe para ter máis información sobre este documento.


A canción que estamos traballando no 2º ciclo é " A VACA MARELA".

Conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan. Ah!, ademáis esta vaquiña ben baila un pasodobre galego como unha samba brasileira!!!

A vaca marela é unha raza autóctona de Galicia, coñecida fora como "rubia gallega", porque e de cor marrón clariño e non ten manchas.



AGORA IMOS COA CANCIÓN, clicade na imaxe para vela, ah e atención porque aquí coláronse as primas da vaca marela que tamén querían pasalo ben polo que veredes a moitas vaquiñas diferentes: marelas, con manchas, con flores ...







domingo, 7 de octubre de 2012

O CAMALEÓN

Seguimos coas cancións do libro de Susa Herrera, esta vez para os alumnos de 2º curso.

Xa a presentei na clase e foi todo un éxito porque esta melodía é pero que moi marchosa, case sen querer trasladámonos ao continente americano.

Os nenos contaron o que sabían dos camaleóns e a verdade é que estaban moi informados.

NENOS, como vin que o tema vos gustou moito aquí vos deixo uns vídeos moi interesantes, ademais da canción, claro!!!














O máis guapo da aldea eu non o son,
quero que me coñezas, eu chámome Ramón.
Que un león nunha cama non é un camaleón (bis)
Subido nunha pola descanso ao sol,
a cola redondiña semella un caracol.
Que un león nunha cama non é un camaleón (bis)
Saltóns son os meus ollos para xirar,
en todos os sentidos eu pódote mirar.
Que un león nunha cama non é un camaleón (bis)
Agóchome entre as flores co meu disfraz,
a isto que eu fago chámanlle “camuflar”.
Que un león nunha cama non é un camaleón (bis)
E se un bechiño eu quero merendar,
a miña lingua longa o vai atrapar.
Que un león nunha cama non é un camaleón (bis)
E para ir durmir teño un edredón
con moitas follas verdes, ¡que bonitiñas son!
Que un león nunha cama non é un camaleón…











O PORQUIÑO

Durante este curso imos traballar con diferentes cancións pertencentes ao libro de Susa Herrera "ANIMAIS ENCANTADORES".



O animal que se achega a nos para pasar un rato divertido cos nenos de 5 anos é o porquiño.

Xa o curso pasado aprenderon a canción "Os tres porquiños e o lobo" pero agora parece que o lobo quedou a durmir na casa porque aquí non se lle ve por ningures.

Clicade no debuxo para escoitar a canción.

Ademais prestade moita atención ás ilustracións porque despois teredes que facer un xogo!!!




IMOS COMPROBAR SE ESTIVECHEDES ATENTOS!!!


ORDEADE AS ILUSTRACIÓNS PARA CONTARNOS QUE COUSAS LLE PASAN AO PORQUIÑO DA CANCIÓN.

>