martes, 26 de abril de 2016

DORNA

A dorna é unha embarcación típica das Rías Baixas galegas. Está fabricada en madeira, ten dous remos e pódeselle poñer una pequena vela.

Manuel María quere homenaxear á dorna e aos mariñeiros e escribe o poema "DORNA", que pertence ao libro "As rúas do vento ceibe".

Se clicades na dorna tedes o poema con pictogramas e coa música.




Agora se clicades no faro atoparedes a canción sen a letra e cunhas paisaxes ben bonitiñas.



domingo, 24 de abril de 2016

15 PRIMAVERAS!!!

O concerto de "Mamá Cabra" foi fantástico!

VEXAMOS UNHAS FOTOS!!!



miércoles, 13 de abril de 2016

O MEU BARCO

Traballaremos co poema de Manuel María "O MEU BARCO" que cantaredes e tocaredes coa frauta.

Se clicades no debuxo accederedes ao post que publiquei fai algúns anos.






O CARRO

Seguimos traballando cos poemas de Manuel María e agora cantaredes e tocaredes "O CARRO".

Clicade no debuxo para acceder ao post que publiquei o curso pasado.




martes, 12 de abril de 2016

MAMÁ CABRA. 15 PRIMAVERAS


O xoves da vindeira semana os alumnos de Educación Infantil asistiredes a un divertido concerto do grupo MAMÁ CABRA.

Como o grupo cumpre 15 anos presentan un espectáculo titulado "15 PRIMAVERAS" co que  queren agasallar a todos os nenos e aos que non son tan nenos.





















domingo, 10 de abril de 2016

O LUME NOVO

Seguimos traballando cos poemas de Manuel María publicados no libro "Os soños na gaiola".

"O lume novo" lévanos a unha festa ancestral, a noite de San Xoán, que coincide co solsticio de verán.

Esta festa é unha das máis populares en Galicia e leva asociados unha serie de rituais de caracter máxico ou supersticioso. Un deles son as fogueiras ou cacharelas que se prenden na tarde-noite do día 23 e arden mentres que os veciños comen, beben, cantan e bailan ó redor delas ou ben as saltan para quitar o meigallo.

Tamén existía o costume de afumar o gando na noite de San Xoán para protexelo do meigallo. Para iso fan andar ó gando ó redor ou entre as fogueiras para que lles dea ben o fume, ou ben cando so queda o borrallo fan que o gando o pise.

Manuel María neste poema recolle estes ritos. Aquí vos deixo a letra e se clicades na fogueira podedes escoitar a canción.


Hoxe é o lume novo,
noite de San Xoán.
As ledas fogueiras
acesas están! (BIS) (ESTRIBILLO)

Que gusto, rapaces,
saltar as fogueiras,
dar brincos, rebrincos
e pinchacarneiras!

        ESTRIBILLO

Que gusto, rapaces,
correr e saltar,
dar brincos e pulos,
volver a brincar.

        ESTRIBILLO

Que gusto, que ben
saltar as fogueiras
coas chamas subindo,
medrando lixeiras. 

        ESTRIBILLO

Á mañá, o borrallo
terase apagado.
E sobre el despacio,
pasará o gado!

        ESTRIBILLO

Pasará o gado
tripando o borrallo
para que non o pille
o mal do meigallo!

        ESTRIBILLO
 



domingo, 3 de abril de 2016

A RODA RODA

Manuel María no seu libro "Os soños na gaiola" quixo escribir os poemas que botou de menos cando era neno,  nel decidiu versionar un dos xogos infantís máis populares no mundo enteiro, a roda roda. 

Clicade no debuxo para aprender a canción.


sábado, 2 de abril de 2016

O CARACOL

"O caracol" é un dos poemas de Manuel María que atopamos no seu libro "Os soños na gaiola".

Déixovos o poema e se clicades no debuxo do caracol escoitaredes a canción feita por Suso Vaamonde.


Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!

Ó lombo levas a casa
caracol, caracoleiro;
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!

Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!

Caracol, col, col;
caracol, caracolón,
pon os teus cornos ó sol
ó sol os teus cornos pon!

Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!


Ó lombo levas a casa
caracol, caracoleiro;
e deixas cintas de seda
engalanando o carreiro!

Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!

Caracol, col, col;
caracol, caracolón,
pon os teus cornos ó sol
ó sol os teus cornos pon!

Caracol, col, col;
caracol, caracoleiro
pon os teus cornos ó sol
xa que eres tan frioleiro!