domingo, 27 de noviembre de 2016

INTERPRETAMOS "DIN DON"

Para completar o canto de berce "Din don", os nenos de 2º de primaria traballaredes cos nenos de 5 anos.
Os maiores cantaredes e tocaredes con metalófonos, xilófonos, axóuxeres e maracas e os nenos de infantil cantaredes... que o facedes pero que moi ben!.

Clicade na imaxe para aprender a letra da canción.


Esta canción tamén podemos acompañala cun instrumento moi peculiar, un vaso de plástico. 

Pediremos aos Reis Magos que nos traian ese agasallo e cando volvamos das vacacións de Nadal tocarémolos na clase.

Aquí vos deixo o musicograma que vos indicará como acompañar a canción con este instrumento de percusión, por se queredes ir practicando na casa.

Clicade no vaso para ver o musicograma.





INTERPRETAMOS "PIRATAS DO CARIBE"


Despois de traballar a melodía da pelicula na clase aquí vos deixo a partitura coa instrumentación e  cos arranxos que decidíchedes facer.





sábado, 12 de noviembre de 2016

INTERPRETAMOS TITANIC!


Aquí vos deixo a partitura completa de "Titanic", coa introdución e cos acompañamentos.




domingo, 6 de noviembre de 2016

QUE QUIETUDE, QUE SOSEGO!!!

Os nenos de Infantil convertéronse en personaxes marinos para poder pasar un rato moi tranquilo dentro dun gran acuario.

Aquí vos deixo algunhas fotos da experiencia.



-