Mostrando entradas con la etiqueta TITANIC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TITANIC. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de junio de 2019

PEQUENOS ARTISTAS

Como remate do curso dous dos nosos "pequenos artistas" tocaron, entre outras pezas, a canción máis coñecida da película Titanic, que tamén traballamos na aula este curso, formando parte do repertorio de bandas sonoras coas que gozamos na clase de música.

Vexamos a súa interpretación.







domingo, 4 de noviembre de 2018

TITANIC

O proxecto deste curso, "UN COLE DE PELÍCULA", lévanos ata unha das bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine.

A película TITANIC (1997) naceu da afección do seu director, James Cameron, ao submarinismo. Cando se sumerxiu no lugar onde se afundiu o barco sentiu que debía facer unha película que contara a historia do famoso transatlántico.

TITANIC gañou 11 premios Óscar, un deles á mellor banda sonora.

Se queredes ter máis información sobre o barco premede na imaxe.


E como dende o inicio do curso estamos metidos de cheo na música do cine agora tocaremos unha adaptación da banda sonora da película.

Déixovos dous vídeos, un do trailer e outro cunha interpretación de Celine Dion que canta "My heart will go on", a cancion máis coñecida da banda sonora orixinal.












sábado, 12 de noviembre de 2016

INTERPRETAMOS TITANIC!


Aquí vos deixo a partitura completa de "Titanic", coa introdución e cos acompañamentos.




domingo, 23 de octubre de 2016

TITANIC

Empezamos o proxecto sobre a música e o mar cun famoso submarino, e agora tócalle o turno ao máis famoso trasatlántico do mundo, o TITANIC.

Se queredes ter máis información sobre este barco clicade na imaxe.


Tocaremos unha adaptación da banda sonora da película Titanic dirixida por James Cameron no ano 1997.

Déixovos dous vídeos, un do trailer e outro cunha interpretación de Celine Dion que canta "My heart will go on", a cancion máis coñecida da banda sonora orixinal.








Aquí está a partitura coa melodía. Máis adiante publicarei a partitura cos acompañamentos.