domingo, 24 de septiembre de 2017

XA CHEGOU O OUTONO!

Nótase ben que o verán rematou e que o outono xa está aquí.

Aproveitando o cambio de estación imos aprender algunha cousiña sobre un importantísimo compositor italiano, ANTONIO VIVALDI.

ANTONIO VIVALDI, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.


Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.

Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, pero tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Estas tres follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.
Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.


Premede no debuxo para velas bailar!!!



E agora seredes capaces de bailar como se forades follas en outono?

SEGURO QUE SIIIII!!!!!!!  A BAILAR!!!!!!!!!!!!!!!

IMOS TOCAR A FRAUTA!

Como todos os cursos un novo grupo de frautistas principiantes afrontan o reto de conseguir un bo son con este instrumento.

Empezaremos cunha canción moi sinxela chamada "Rondín Picotín".

As notas que utilizaremos son SI e LA.



E agora a canción.