AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

domingo, 27 de octubre de 2013

NA GRUTA DO REI DA MONTAÑA

A obra de Edvard Grieg, "PEER GYNT" está formada por dúas Suites e esta peza é a derradeira da Suite nº 1.

Representa a entrada de Peer na gruta onde vive o rei da montaña rodeado de monstruos e trolls.



Ten dous temas que se van alternando e repetindo nun proceso de accelerando e crescendo ata chegar a un fortissimo piú vivo.

Aquí vos deixo a partitura coa adaptación da melodía para que vaiades practicando. Máis adiante porei a partitura completa con todos os acompañamentos.




Tamén vos deixo un texto para recitar coa música.

Con coidado vou a entrar, vou a entrar, vou a entrar. Esta gruta é perigosa, podo esvarar.

Monstruos, gnomos, duendes, trolls. Duendes, trolls, duendes, trolls. Monstruos, gnomos, duendes, trolls, pronto sairán.



sábado, 26 de octubre de 2013

GROTUS QUERE DIVERTIRSE NO SAMAÍN!!!

O vindeiro mércores día 30 celebraremos a festa do Samaín, xa sabedes que a festa é o día 31 pero que este ano non temos clase xa que se celebra o Día da Educación,  por iso adiantamos un día a celebración.



Este ano Grotus, que nos está axudando co traballo na aula de música, tamén quere participar na festa do Samaín. Supoño que lembrades que Grotus é un ser mitolóxico noruego e que na festa do Samaín estaremos rodeados de seres mitolóxicos galegos, entre outros.

Pois estade moi atentos o mércores porque na festa que terá lugar no ximnasio, e dado que estará ben escuro,  vai estar Grotus disfrazado de un personaxe moi galego, de bruxo. Deixovos unha foto para que o poidades recoñecer, xa que entre tanto disfraz pode ser dificil.


E aquí tedes o vídeo da canción para que vaiades practicando.

 

 Por se queredes seguir cantando aquí vos deixo a canción do ano pasado, que sei que vos gusta moito.



DEFENSA DA ESCOLA PÚBLICA

Fantástico vídeo en defensa da ESCÓLA PÚBLICA interpretado polos alumnos de primaria do CEIP Vicente Ferrer Ramos de Valderrobres (Teruel).





Frato e Gomaespuma, simplemente XENIAIS!!!

 

domingo, 13 de octubre de 2013

XOGAMOS?

Queredes xogar con Grotus?

Grotus preséntanos un xogo sinxelo, para ir quentando, sobre o vídeo no que vimos á orquestra interpretar "Na gruta do rei da montaña".








sábado, 12 de octubre de 2013

MISTERIO RESOLTO!!!

Pois xa está resolto o misterio co que comezamos o curso na clase de música. Agora temos un novo amigo, si, si..., falo de Grotus que quixo presentarnos a súa música preferida "Na gruta do rei da montaña" e ao seu compositor favorito Edvard Grieg.

Este curso aprenderemos moitas cousas sobre Edvard Grieg e sobre a súa obra máis famosa, "Peer Gynt".




Unha vez leido o conto e como Grotus quixo presentarnos a obra coa melodía de "Na gruta do rei da montaña" non imos levarlle a contraria, non vaia ser que se enfade e empeze a comer nenos ou profes, farémoslle caso e traballaremos con ela facendo diferentes actividades.

Empezamos vendo algúns vídeos que me parecen moi interesantes.







jueves, 3 de octubre de 2013

QUE MISTERIO!!!

EXTRAÑAS PEGADAS!


UNHA MONTAÑA TENEBROSA!


UNHA MÚSICA SOANDO...

QUE MISTERIO!!!

Moitas foron as preguntas: Quen deixou esas pegadas?, que lugar é o que aparece na fotografía?, que significa esa música que se escoita???

Os nenos do colexio estiveron estes días moi  atarefados tratando de atopar respostas. Tiveron que investigar, utilizando diversas fontes, sobre os extraños sucesos acontecidos na aula de música.

Como bos detectives que son foron atopando as respostas adecuadas. Fixádevos todas as pistas que atoparon os nenos de 4ºA.




Os nenos de 3º B despois das súas pesquisas e sospeitando que as pegadas eran de un troll deixáronlle unha nota invitandoo a vir ao cole e facéndolle algunhas preguntas. O troll non dubidou en contestalas e lles escribiu unha carta ben chula.



AS PEGADAS AS DEIXOU UN TROLL QUE VIVE NA GRUTA DA MONTAÑA DA FOTOGRAFÍA, QUE POR CERTO ESTÁ EN NORUEGA.

O SIMPÁTICO TROLL CHÁMASE GROTUS E É UN TROLL MOI BO E CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER.


GROTUS envioume tamén un correo electrónico que eu lle leín a todos os  nenos:

Ola Merce.

Remítoche este correo electrónico porque seguro que ti e os nenos do colexio estades un pouco preocupados polas pegadas, pola foto e pola melodía que soaba na clase de música e que apareceron misteriosamente durante o fin de semana.

Eu chámome Grotus e son o que as deixou. Son un troll, pero non teñades medo xa que son un troll moi bo.

 A foto da montaña que deixei no cole é unha foto da miña casa e está en Noruega, pais que está cheo de trolls. Non sei si sabiades que aos trolls non nos pode dar a luz do día xa que nos converteríamos en estatua de pedra e esa montaña fai miles de anos non existía pero un día un troll xigantesco que era moi malo saíu da súa gruta cando era de día e se converteu en montaña. Agora nesa montaña vivimos máis de 100 trolls, e entramos polos buratos que parecen ollos.

A música que soaba na clase titúlase “Na gruta do rei da montaña” e é a miña favorita. Esta música a compuxo Edvard Grieg e forma parte da obra “Peer Gynt” e como me enterei de que ides traballar coa esta obra e con este compositor na clase de música decidín axudarvos dándovos información sobre eles.

Por agora non teño máis cousas que contarvos pero se tedes algunha dúbida ou queredes saber cousas de min o de Edvard Grieg podedes escribirme ao meu correo electrónico.


Se me escribides non esquezades poñer o voso nome e apelido e en que clase estades.

Ah, aí vai unha foto miña para que a poñades na clase!!! A que son guapiño???

Gustaríame estar con vos no colexio, pero xa sabedes que non pode darme a luz do día xa que me convertería en estatua de pedra. Cando teña que ir polo cole fareino de noite, pero entón seguro que non nos vemos xa que vos estaredes durmindo.

BICOS DE TROLL E FELICES MELODÍAS.

GROTUS