sábado, 1 de junio de 2013

OKLAHOMA BOOGIE

Despois de dúas intensas semanas marcharon os nosos invitados de Tulsa. Deixáronnos diferentes experiencias que vivimos xuntos e como sei que vos encantou a danza que fixeron, típica do seu estado, aquí vos deixo a música para que podades bailala.
 
Clicade na foto de Tulsa e... A BAILAR!!!
 
 


lunes, 27 de mayo de 2013

AVENTURA NO PLANETA DA MÚSICA

Érase unha vez que alguén secuestrou ás notas e ás figuras musicais...

Se queredes saber o que pasou clicade na clave de sol.



Se queredes ler...


jueves, 18 de abril de 2013

A PITA PODEIRA

Por fin chegou a pita podeira ao blog, creo que se retrasou porque estaba poñendo un ovo!!!!!

Clicade na pita para escoitar a canción.






domingo, 7 de abril de 2013

PEQUENOS INTÉRPRETES




Durante este trimestre os nenos de Educación Infantil estiveron traballando co conto musical "Pedro e o lobo".
Aquí vos deixo un resumo da historia cunhas fantásticas ilustracións que atopei no blog do CEIP Miguel de Cervantes de Málaga.



Como remate, os nenos de 4 e 5 anos quixeron interpretar o seu propio conto: elixiron instrumentos da clase e escolleron os personaxes que querían ser e aquí está o resultado.





Os  nenos de 4 anos A elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:

- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: PLATILLO
- PATO: CASCABEIS
- LOBO: CARRACA

clicade no debuxo para ver o conto







Os  nenos de 4 anos B elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:

- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: CASCABEIS
- PATO: PLATILLO
- LOBO: CARRACA

clicade no debuxo para ver o conto








Os  nenos de 5 anos A elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:

- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: CASCABEIS
- PATO: PLATILLO
- LOBO: CARRACA

clicade no debuxo para ver o conto







Os  nenos de 5 anos B elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:

- PEDRO: CAMPÁS
- AVÓ: CAIXA CHINESA
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: MARACAS
- PATO: CLAVES
- LOBO: TEMPLE BLOCK

clicade no debuxo para ver o conto



SON UNS ARTISTAS!!!

ANTONIO VIVALDI: PRIMAVERA



Xa estamos na primavera!!!

Imos ver como nos conta Vivaldi coa súa música o que sucede nesta estación.

O concerto titulado PRIMAVERA ten 3 movementos:

- 1º movemento: Allegro
- 2º movemento: Largo
- 3º movemento: Allegro
 
Clicade na flor para escoitar o 1º movemento




No seguinte vídeo de Música en Alcalá podemos disfrutar dunha bonita historia.



domingo, 17 de marzo de 2013

SOMOS COMPOSITORES. MODIFICACIÓNS NO CALENDARIO

Como falamos na clase aquí vos deixo o calendario coas modificacións.


clicade no debuxo



domingo, 10 de marzo de 2013

ENSAIOS "SOMOS COMPOSITORES"

Aquí vos deixo o CALENDARIO DE ENSAIOS para as dúas semanas que quedan antes das vacacións de Semana Santa.

Observaredes que os ensaios serán na aula de música e na aula da AMPA porque foi a única maneira de conseguir que todos ensaiedes nesas dúas semanas. Non hai ningún problema porque colledes os instrumentos e os trasladades.

Lembrade que os ensaios son obrigatorios para todos e ninguén debe saltalos. Apuntade o día que vos toca para que non haxa despistes, je je.



domingo, 17 de febrero de 2013

ROCK DE LAS NOTAS



Unha divertida canción para aprender as notas musicais que pertence ao disco "Canciones del Duende Juan".



WEBQUEST SOMOS COMPOSITORES

Con motivo de asistir ao concerto do grupo de percusionistas ODAIKO estivemos facendo algunhas actividades na clase de creación de ritmos utilizando instrumentos de percusión corporal.

Agora imos ir un pouco máis alá con esta webquest.


QUE AS MUSAS VOS ACOMPAÑEN!!!








lunes, 11 de febrero de 2013

DE CONCERTO CON ODAIkO!!!

Todos disfrutamos moito no concerto do grupo de percusión Odaiko, pero o que non perdeu nin un detalle foi o noso percusionista particular, Pedro, do que vos deixo aquí un par de vídeos gravados neste verán.