AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

martes, 22 de noviembre de 2011

LENNON ESCRIBIU "HAPPY XMAS (WAR IS OVER)". QUE QUIXO DICIR COA SÚA CANCIÓN?

"HAPPY XMAS (WAR IS OVER)" foi composta por John Lennon, que fora membro do grupo The Beatles, no ano 1971,  para protestar contra a Guerra de Vietnam.



Un pouco de historia!

A República Socialista de Vietnam atópase en Asia.




A GUERRA DE VIETNAM foi un enfrentamento militar que tivo lugar en Vietnam dende 1964 ata 1975.

Considerase o ano 1964 como o inicio das accións bélicas, porque afectou directamente aos Estados Unidos, ainda que o conflito xa levaba bastantes anos no territorio vietnamita.

Un dos desencadeantes foi que as guerrillas comunistas de Vietnam do Sur, apoiadas por Vietnam do Norte decidiron derrocar ao goberno de Vietnam do Sur.

O enfrentamento convertiuse nun conflito internacional cando Estados Unidos e moitos outros paises apoiaron a Vietnam do Sur, mentres que a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS) e a República Popular China suministraron municións as guerrillas e a Vietnam do Norte.

Unha vez rematada a guerra proclamouse a República Socialista de Vietnam, no ano 1976.


HAPPY XMAS (WAR IS OVER)  (John Lennon)

Aquí vos deixo unha imaxe do manuscrito da canción.


Clicade na bola de nadal para escoitar a canción.


So this is Christmas
And what have you done
Another year over
And a new one just begun
And so this is Christmas
I hope you have fun
The near and the dear ones
The old and the young.

A very merry Christmas
And a happy New Year
Let´s hope it´s a good one
Whithout any fear.

And so this is Christmas
For weak and for strong
The rich and the poor ones
The road is so long
And so happy Christmas
For black and for white
For yellow and red one
Let´s stop all the fight.

A very merry Christmas
And a happy New Year
Let´s hope it´s a good one
Whithout any fear.

And so this is Christmas
And what have we done
Another year over
And a new one just begun
And so happy Christmas
We hope you have fun
The near and the dear ones
The old and the young.


A very merry Christmas
And a happy New Year
Let´s hope it´s a good one
Whithout any fear.

War is over if you want it
war is over now.

Clicade na imaxe para facer un karaoke.



NA CASA DA MIÑA AVOA

Achégase o Nadal e os nenos de 1º curso están aprendendo unha panxoliña moi divertida e marchosa.

Como este ano estamos estudiando o grupo The Beatles e os nenos teñen o ritmo metido no corpo, interpretarán esta panxoliña na que bailan rock and roll..

Aquí vos deixo a letra por si alguén máis quere aprendela.


Na casa da miña avoa
celebramos o Nadal,
ceando todos xuntiños
netos, sobriños e irmáns.

E cando chegan as doce
a miña avoa dorme xa,
e os ratiños connosco
saen todos a bailar.

E os canciños…

E os michiños…



clicade na casa da avoa para escoitala



martes, 15 de noviembre de 2011

WEBQUEST "DISCOS, DISCOS E MÁIS DISCOS"

Os alumnos de 5º curso de Educación Primaria convertiranse en diseñadores de portadas de discos dos Beatles.

Pronto as súas fotos estarán expostas polo colexio.

clica na imaxe para entrar na webquest






domingo, 13 de noviembre de 2011

FALANDO DOS BEATLES!!!

Os alumnos de 3º e 4º de primaria achegáronse á historia dos Beatles a través dun xogo de pistas.

O primeiro paso foi atopar os sobres coas cartulinas nas que aparecían fragmentos da biografía dos Beatles. Estes sobres estaban agachadaos por todo o colexio e para chegar a eles tiñan que descifrar as pistas que había na clase de música.
Os nenos estaban distribuidos por equipos e cada equipo tiña 3 pistas, de dificil a fácil. Se a primeira non chegaba para atopar o sobre que buscaban podían abrir a segunda e se tampouco conseguían atopalo podían abrir a terceira.

Cando todos os equipos tiveron o seu sobre o abriron e as cartulinas que había dentro contaban cousas sobre o grupo The Beatles.

Todos os equipos tiveron que traballar xuntos para ordear a biografía do grupo. Fixérono moi ben!!!

Despois cada neno elexiu unha parte da biografía para ilustrar e con todos os debuxos fixemos unha presentación titulada "FALANDO DOS BEATLES!!!".

Aquí vos deixo unhas fotos da actividade e o resultado final. Espero que disfrutedes!






lunes, 7 de noviembre de 2011

ALL MY LOVING



ALL MY LOVING foi composta por John Lennon e Paul McCartney. Foi gravada o 30 de xullo de 1963 nos estudios EMI de Londres e editada no albúm "WITH THE BEATLES".




Vos deixo a partitura en "A TOCAR".

Clicade na imaxe.