AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

domingo, 13 de noviembre de 2011

FALANDO DOS BEATLES!!!

Os alumnos de 3º e 4º de primaria achegáronse á historia dos Beatles a través dun xogo de pistas.

O primeiro paso foi atopar os sobres coas cartulinas nas que aparecían fragmentos da biografía dos Beatles. Estes sobres estaban agachadaos por todo o colexio e para chegar a eles tiñan que descifrar as pistas que había na clase de música.
Os nenos estaban distribuidos por equipos e cada equipo tiña 3 pistas, de dificil a fácil. Se a primeira non chegaba para atopar o sobre que buscaban podían abrir a segunda e se tampouco conseguían atopalo podían abrir a terceira.

Cando todos os equipos tiveron o seu sobre o abriron e as cartulinas que había dentro contaban cousas sobre o grupo The Beatles.

Todos os equipos tiveron que traballar xuntos para ordear a biografía do grupo. Fixérono moi ben!!!

Despois cada neno elexiu unha parte da biografía para ilustrar e con todos os debuxos fixemos unha presentación titulada "FALANDO DOS BEATLES!!!".

Aquí vos deixo unhas fotos da actividade e o resultado final. Espero que disfrutedes!






1 comentario:

Anónimo dijo...

muy bonito....