martes, 31 de mayo de 2016

BIOGRAFÍA DA MUIÑEIRA

"Biografía da muiñeira" é un poema de Manuel María que imos cantar, bailar e tocar con cunchas e pandeiretas.

Aquí vos deixo a letra e a canción.


No corpo delgado
pola primaveira
nace a muiñeira.

No corpo belido
da perna lixeira
faise a muiñeira.

Pra ser muiñeira
nace a primaveira! (ESTRIBILLO)

No corpo lixeiro
como una peneira
baila a muiñeira.

No corpo belido
que non ten amigo
chora a muiñeira.

ESTRIBILLO


No corpo delgado
que está namorado
canta a muiñeira.

Que queira ou non queira
baixo a abelaneira
queda a muiñeira.

ESTRIBILLO

A perna lixeira
peneira e peneira
baixo a abelaneira
pra ser muiñeira.

ESTRIBILLO






martes, 3 de mayo de 2016

NUBES BRANCAS



Unha canción para empezar a tocar o "fa" e o "mi" !!!

Titúlase "Nubes brancas".