domingo, 25 de octubre de 2015

BUSCANDO A FACHIÑO!

Durante esta semana os nenos de 1º e 2º tiveron unha importante misión: BUSCAR A FACHIÑO.

Seguiron as frechas musicais, que eran as que sinalaban o camiño correcto e rexeitaron as indicacións que lles ofrecían as frechas non musicais coa única intención de afastalos de Fachiño.

Atopárono no Departamento de Orientación, porque seica alí estaba moi quentiño.

Fachiño púxose moi contento porque xa levaba moitos días rulando polo colexio e apetecíalle ir para a clase de música onde compartirá este curso con todos os nenos.

Déixovos unhas fotos para que gozedes tanto como fixeron os nosos detectives de 1º e 2º.



-


sábado, 10 de octubre de 2015

SAMAÍN OLÍMPICO

Pronto celebraremos o Samaín e o deste ano seguramente será olímpico, xa sabedes, as bruxas máis feas, os fantasmas máis terroríficos, os vampiros máis pálidos... En fin, que se sempre pasamos algo de medo, este ano non vos digo nada, creo que será medo olímpico.

Aprenderemos unha canción que ten como protagonista a unha bruxa olímpicamente boa!!!

Déixovos a letra e a canción para que vaiades practicando.

Ah, que non o dixen, a canción titúlase "A bruxa Maruxa"!!!



clicade na bruxa Maruxa para escoitar a canción