Estamos un pouco tristes porque esta semana o submarino amarelo marchou da clase de música para navegar por mares e océanos de todo o mundo.
Deixounos a seguinte carta de despedida.
Tamén nos deixou unhas marionetas de varios animais que viven nun acuario coas que faremos a audición da melodía de Saint-Saëns, "Acuario", pertencente á obra "O entroido dos animais".
ATA SEMPRE SUBMARINO AMARELO!!!
E para que o submarino poda veros cada vez que entre no blog aquí lle deixo as fotos que vos fixéchedes con el.
Por fin volve visitarnos o noso amigo o submarino amarelo!
Seguro que tiña moitas ganas de vernos pero penso que tamén quere coñecer ao Nautilus, o submarino do capitan Nemo. Oxalá se fagan amigos!!!
Lembrade que o submarino chegou por primeira vez ao noso cole porque escoitou como cantabamos a canción "Submarino amarelo" do grupo de Liverpool "The Beatles".
Se queredes volver a escoitar a historia do noso amigo clicade na imaxe.
E AGORA RECORDEMOS A CANCIÓN E AOS CANTANTES!!!
"The Beatles" foron o grupo de pop e rock máis popular da década dos 60 e un dos máis influintes da historia da música moderna.
Unha das súas cancións máis coñecidas foi "Submarino amarelo" que formaba parte da banda sonora dunha película de animación na que os cantantes eran os protagonistas.
No seguinte vídeo escoitaremos a melodía.
Un grupo de rock español chamado "Los Mustang" fixo unha versión en castelán da canción "Yellow submarine" dos Beatles.