"VEN BAILAR CARMIÑA" é unha cantiga tradicional do folklore galego.
O aire da canción é bastante rápido pero os alumnos de 5º curso van a interpretala coa frauta imprimíndolle un sentimento de melancolía polo que a tocarán cun aire máis lento.
A pasada madrugada, hora española, tivo lugar a gala de entrega dos premios Oscar de Hollywood, na edición número 84.
A película gañadora dentro da modalidade "Curtametraxe de animación" foi "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore", película que puidemos comprobar tivo moito éxito entre pequenos e maiores.
A curtametraxe foi dirixida por Brandon Oldenburg e William Joyce e foi realizada utilizando varias técnicas de animación como miniaturas, 3D e animación tradicional.
As nosas felicitacións aos seus creadores que nos fixeron disfrutar desta tenra historia e sentir o amor polos libros.
"The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" é unha marabillosa curtametraxe de animación que conta a historia de Morris Lessmore, que arrastrado por un furacán voa a un pais onde os libros están vivos.
Esta película xa tivo moitísimos premios e está nominada para os Oscar de Hollywood.
Despois de ver esta película cada vez que teñades un libro cerca o miraredes con outros ollos...
Durante a pasada semana estivemos traballando con dúas cancións de John Lennon nas que este fai un chamamento pola paz, pero sabedes que hai moitísimos cantantes que teñen cancións relacionadas con este tema. Aquí vos deixo diferentes vídeos de cancións que tamén falan sobre a paz esperando que disfrutedes con eles.
O día 30 de Xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
Durante este curso no centro coexisten dous proxectos interdisciplinares que adquiren un protagonismo especial se falamos da paz: "IMAXINA A PICASSO" e " COÑECENDO A THE BEATLES".
As mundialmente famosas pombas da paz que utilizamos como símbolo son creación do pintor malagueño e por suposto estarán presente nas nosas actividades, por outro lado está o "Guernica", cadro pintado por Picasso para denunciar as mortes habidas no pobo de Guernica durante un bombardeo ocorrido no discurrir da Guerra Civil Española, que será o protagonista do xogo cooperativo que terá lugar o día 30.
No referente ao proxecto de música, xa no Nadal estudiamos a canción "HAPPY XMAS (WAR IS OVER) de John Lennon que facía un chamamento pola paz, e durante esta semana traballaremos con outras dúas cancións de Lennon que falan sobre este tema: " IMAGINE" e "GIVE PEACE A CHANCE".
Aquí vos deixo dous vídeos con estes temas:
Clicade no debuxo e veredes como os artistas utilizan as súas "armas".