lunes, 27 de febrero de 2012

PREMIOS OSCAR 2012



A pasada madrugada, hora española, tivo lugar a gala de entrega dos premios Oscar de Hollywood, na edición número 84.

A película gañadora dentro da modalidade "Curtametraxe de animación" foi "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore", película que puidemos comprobar tivo moito éxito entre pequenos e maiores.

A curtametraxe foi dirixida por Brandon Oldenburg e William Joyce e foi realizada utilizando varias técnicas de animación como miniaturas, 3D e animación tradicional.

As nosas felicitacións aos seus creadores que nos fixeron disfrutar desta tenra historia e sentir o amor polos libros.


No hay comentarios: