domingo, 4 de febrero de 2018

XA CHEGA O ENTROIDO!

Estamos na semana do entroido e aínda seguimos a celebrar unha festa reivindicativa pedindo a construción do novo colexio.

Xa que o proxecto deste curso é "A biblioteca que queremos" darémoslle vida a moitos deses libros que se apachocan nos andeis.

OS CONTOS COBRARÁN VIDA!

E como o entroido e tempo de troula non poderán faltar os bailes e as cancións e este ano todos xuntos danzaremos ao ritmo de Ku Tschi Tschi e Sete saltos.

Os nenos de 2º B e 5º B móstrannos estas danzas.







E por se isto non fora pouco un ano máis Mon, o noso letrista particular, adaptou un famosísimo tema e cociñou "RAPIDIÑO".




No hay comentarios: