lunes, 8 de mayo de 2017

DIME QUE FIXECHES!


Cantaremos un clásico do grupo MIGALLAS. 

A canción "Dime que fixeches" a bo fe converterase nun éxito entre os máis pequenos do cole, pero temos un pequeno problema. Resulta que dous personaxes da canción non están na clase de música.

A cegoña coma ten moita vergoña escondeuse dos nenos e Antón non quixo deixala soa e agachouse con ela.

Pepiño contounos que están agachados polo cole, non é a primeira vez que o fan, e que temos como misión atopalos.
Explicounos que fai moitos anos xa escaparan da aula de música e que os nenos argallarán un plan  para atopalos que deu moi bos resultados.

O plan tiña dúas partes: a primeira parte consistiu en aprender a cantar a canción moi ben e a segunda parte foi ir por todo o colexio cantando a canción baixiño ata que a escoitaron a cegoña e Antón e sairon do seu escondite.

Como o plan foi todo un éxito este ano faremos o mesmo a ver se os atopamos pronto.

Imos coa primeira parte, APRENDAMOS A CANCIÓN MOI MOI BEN!




No hay comentarios: