AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

jueves, 2 de marzo de 2017

PAXARO AMIGO. MÚSICAS PARA A PAZ

O 17 de marzo os nenos de 1º e 2º de primaria asistiredes a un concerto de "Mamá Cabra".

O espectáculo titúlase "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e conta a historia dun ornitólogo que anda en busca dun paxaro en extinción. O ornitólogo prefire a compañía dos paxaros á da xente, porque pensa que as persoas só saben facer guerras.

Unha personaxe misteriosa faralle ver, a través das cancións, que as persoas podemos facer moitas cousas para aprender a vivir en paz.

Aqui temos dous vídeos sobre o espectáculo.







No hay comentarios: