AVISO IMPORTANTE!!!

AVISO IMPORTANTE!!!

sábado, 23 de noviembre de 2013

O ESPANTALLO DIVERTIDO

Aquí tedes unha canción do novo disco de Migallas coa que imos participar no proxecto do colexio deste curso, "CADA PAXARO NO SEU NIÑO".

Clicade na imaxe para escoitar a canción.





Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Catro farrapos vellos
e palla de centeo.
Cabeza de cabaza,
nariz de pataca
e levo por sombreiro
o fondo dun cesto. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Fun feito “pra” dar medo
aos corvos e aos merlos,
ás pegas rabilongas,
ás rulas, ás pombas,
pardais e paporrubios…
que todos se escondan! (Bis)



Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E busco pola leira,
debaixo das maceiras,
enriba das patacas,
do millo, das fabas,
debaixo da verdura,
na froita madura. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E voan pola veiga.
Escapan ás carreiras
e logo, moi cansados,
xa van acougando
e veñen ao meu lado
cantando e piando. (Bis)



No hay comentarios: