jueves, 21 de octubre de 2021
SAMAÍN
martes, 12 de octubre de 2021
WE WILL ROCK YOU
DANZAMOS!
Despois de tocar a canción con diferentes instrumentos agora toca bailar.
Aquí tedes unha coreografía que debedes aprender. Empezamos a practicar!
sábado, 2 de octubre de 2021
OUTONO
Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.
O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.
Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.
SALVEMOS A SARGANTANA!
Esta semana os nenos de Educación Infantil teñen unha gran responsabilidade, xa que deben axudar a Sargantana.
Sargantana está en perigo!
Cando viña de Cucurulandia, no seu foguete, caeu dentro do volcán da illa de A Palma. Non queda moito tempo para poder salvala.
TEMOS UNHA MISIÓN!
miércoles, 29 de septiembre de 2021
O ENTROIDO DOS ANIMAIS: LEÓN
O autor Camille Saint-Saëns compuxo a obra "O entroido dos animais" coa que coñeceremos a diferentes animais a través da música.
O LEÓN aparece representado nesta obra e os alumnos de Educación infantil converteranse en verdadeiros reis da sabana.
martes, 28 de septiembre de 2021
ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR
Imos cunha canción acumulativa!
Primeiro aprenderemos a canción, sen esquecer ningún personaxe.
sábado, 25 de septiembre de 2021
WE WILL ROCK YOU
"We will rock you" é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.
martes, 21 de septiembre de 2021
QUEEN: WE WILL ROCK YOU
QUEEN foi unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante e pianista Freddie Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon,
A espectacularidade das súas actuacións e a mistura de estilos musicais foron as claves do seu éxito.
Os seus discos foron superéxitos en diferentes paises do mundo.
Queen destacou por facer que as súas cancións sexan coñecidas e cantadas por todo o mundo, xa que moitas delas utilízanse en grandes acontecimientos sociais e deportivos.
Empezamos vendo unha pequena biografía sobre o grupo.
No ano 2018 estreouse a película "Bohemian Rhapsody", que conta a historia do cantante Freddie Mercury e do grupo Queen.
Esta película conseguiu o premio "Globo de Oro" 2019 á mellor película dramática.
Un dos temas máis famosos do grupo é "We will rock you".
domingo, 12 de septiembre de 2021
BENVIDOS AO CURSO 21-22!
Comezamos un novo curso con grandes novidades e moita ilusión.
Por fin estamos no novo colexio!
viernes, 9 de julio de 2021
BO VERÁN!
Despois dun ano de traballo duro deséxovos unhas boas vacacións!
Cargémonos de enerxía e ilusións para o vindeiro curso!












