A semana pasada estivemos traballando coa canción "A Ruliña", que formará parte do proxecto interactivo multimedia "Cada paxaro no seu niño" que estamos desenvolvendo neste curso.
Aquí vos deixo unha mostra das páxinas de inicio das actividades multimedia e a canción "A Ruliña".
As paisaxes que podemos ver na canción son das Fragas do Eume, que recentemente sufriron un importante deterioro debido a un incendio e da aldea A Barcia.
Como durante este curso estamos realizando un proxecto interdisciplinar sobre Picasso e o da aula de música sobre The Beatles aquí vos deixo uns puzzles de dúas ilustracións sobre o grupo, que teñen un estilo totalmente picassiano.
A 1ª é do ilustrador arxentino Pablo Lobato e a 2ª é do americano David Cowles.
Durante este curso estamos xogando coa música dos Beatles e os nenos de 3 anos quixeron tocar como Ringo Starr.
VAIA RITMO!!!
Pareceulles moi divertido que os gravara en vídeo e aquí están estes pequenos artistas para que todo o que queira poda disfrutar coas súas interpretacións.
Xa veredes que hai máis dun futuro "Ringo" aquí agachado!!!
O lobo é unha persoaxe que aparece reiteradamente nos contos infantis. Normalmente tócalle facer o papel de "malo"... ben sexa comendo avoiñas, ovellas, paxaros, gatos, patos, porquiños, etc...
Esta é unha versión diferente do popular conto "O lobo e os 3 porquiños" na que veremos que o lobo non é tan malo, so que ten un pequeno problemilla...
Ademáis os nenos de 4 e 5 anos cantan a canción que fala da historia, pero que moi ben.
"VEN BAILAR CARMIÑA" é unha cantiga tradicional do folklore galego.
O aire da canción é bastante rápido pero os alumnos de 5º curso van a interpretala coa frauta imprimíndolle un sentimento de melancolía polo que a tocarán cun aire máis lento.