sábado, 8 de octubre de 2011
jueves, 6 de octubre de 2011
domingo, 2 de octubre de 2011
LADIES AND GENTLEMAN: THE BEATLES!!!
NORABOA!!!
A vosa investigación foi por bo camiño. O grupo que imos estudiar este curso vai ser THE BEATLES.
Frecuentemente a súa presentación nos concertos ou nas emisións de radio ou de televisión era:
LADIES AND GENTLEMAN: THE BEATLES!!!!!!!
Pois dito e feito, aquí vos deixo un video sobre o grupo, gravado no museo "The Beatles story" en Liverpool.
domingo, 11 de septiembre de 2011
NOVO CURSO - NOVO PROXECTO
Comeza un novo curso e este ano investigaremos e aprenderemos moitas cousas sobre un grupo mítico na historia da música.
Aquí vos deixo unha pista para ver se adiviñades de que grupo se trata. Se non sodes capaces podedes preguntarlle aos vosos pais, seguro que eles adiviñan a primeira.
FÁCIL OU DIFICIL???
sábado, 25 de junio de 2011
jueves, 23 de junio de 2011
viernes, 17 de junio de 2011
OS ALUMNOS DE 4º TOCAN A MELODÍA "OS ESQUELETOS"
Os nenos de 4º tocaron a canción "Os esqueletos" utilizando instrumentos de placas.
Non tiveron moito tempo para ensaiar polo que teñen algún pequeno despiste, pero o tempo apremia xa que o remate do curso está á volta da esquina, e non había tempo para ensaios.
Aquí tedes unha gravación da súa interpretación.
sábado, 11 de junio de 2011
ALEX E O SEU ACORDEÓN
Esta semana Alex trouxo o acordeón a clase. Explicou aos seus compañeiros como se tocaba e despois tocou dúas melodías compostas por él mesmo.
Cando estaba tocando chegaron os nenos de 2º que estiveron moi interesados na súa interpretación.
Non vos asustedes polas caras dos nenos, é que antes pintáronse para tocar a canción "Os esqueletos".
Clicade no acordeón para ver a presentación do instrumento.
Escoitade unha peza tocada por Alex.
Agora podedes ver unha interpretación a catro mans: Antón manexa o teclado e Alex encárgase do fuelle. Clicade no debuxo.
domingo, 5 de junio de 2011
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe, día 5 de Xuño, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
MUSIKEANDO quere sumarse a esta celebración e aquí vos deixo un vídeo fantástico que nos presenta da man á natureza e á música.
sábado, 4 de junio de 2011
OS ESQUELETOS
Ainda que non estemos en Halloween, os alumnos de 4º moven o "esqueleto" e adiviñades o nome da canción que están tocando? Acertáchedes, chámase "Os esqueletos".
A actividade mete medo e pronto veremos a súa actuación, si é que vos atrevedes.
A os "esqueletos" de 4º deixovos a partitura para que vaiades practicando.
Para ver como bailan os esqueletos clicade na imaxe.
Etiquetas:
ESQUELETOS,
INSTRUMENTOS,
PARTITURAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














