Mostrando entradas con la etiqueta CONCERTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCERTO. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de marzo de 2023

CONCERTO DE MIGALLAS

O día 16 de xuño o grupo Migallas dará un concerto para o noso alumnado.

O espectáculo chámase "CANTAXOGA" e nel interpretarán cancións dos seus discos "Canta connosco" e "Pan de millo".

Déixovos aquí os temas cos que traballaremos na aula de música, para que podamos gozar deste fantástico concerto.

viernes, 22 de noviembre de 2019

A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ


O martes 3 de decembro os nenos de 1º e 2º asistiredes a un concerto de Magín Blanco, que presenta o seu último disco, “A nena e grilo máis aló”.

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde a tentarán atopar para traela de volta.

CONSEGUIRANO???

arana-imagen-animada-0137

Aquí vos deixo un pequeno adianto do que veremos no teatro.




domingo, 3 de febrero de 2019

EU COCIÑO, TI COCIÑAS ?


O día 25 de febreiro o alumnado de 1º e 2º asistiredes a un concerto do grupo "Mamá Cabra" en Pontevedra.

Como é un grupo que nos gusta moito sabemos que ímolo pasar moi ben.

O espectáculo leva por título "Eu cociño, ti cociñas?" e todas as cancións que forman parte do libro -disco falan, como non podería ser de outra forma, de comida.

Fíxadevos nestas fotos do concerto!










E como non está moi lonxe o entroido empezamos cunha canción titulada "Filloas". 

Que ricas!!!




viernes, 19 de enero de 2018

ASÍ FOI O CONCERTO!

O luns asistimos a un concerto fantástico que fíxonos viaxar pola historia do cinema.



















sábado, 6 de enero de 2018

IMOS DE CONCERTO!



O 7 de febreiro os nenos de Educación Infantil asistiredes ao concerto "A nena e o grilo nun barquiño".

No concerto veremos como a nena e o grilo van descubrindo o mundo xuntos e a través das cancións.











lunes, 10 de abril de 2017

CONCERTO "PAXARO AMIGO"

Despois de dous intentos frustrados por fin puidemos asistir ao concerto de "Mamá Cabra".

Valeu a pena esperar porque o espectáculo foi xenial. Cantamos, tocamos e bailamos cos artistas e pasámolo moi ben.




domingo, 5 de marzo de 2017

QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!!!

Que guais son os vasos musicais, non si?

Pois imos acompañar a canción "QUE GUAI!" de Mamá Cabra con eses vasos musicais que nos trouxeron os Reis Magos.

Déixovos un vídeo co musicograma. Empecemos a practicar!!!





QUE GUAI!

"QUE GUAI" é unha das cancións que escoitaremos no concerto de "Mamá Cabra" en Pontevedra.

Aquí déixovos a canción coa letra para que vaiades practicando.







jueves, 2 de marzo de 2017

PAXARO AMIGO. MÚSICAS PARA A PAZ

O 17 de marzo os nenos de 1º e 2º de primaria asistiredes a un concerto de "Mamá Cabra".

O espectáculo titúlase "Paxaro amigo. Músicas para a paz", e conta a historia dun ornitólogo que anda en busca dun paxaro en extinción. O ornitólogo prefire a compañía dos paxaros á da xente, porque pensa que as persoas só saben facer guerras.

Unha personaxe misteriosa faralle ver, a través das cancións, que as persoas podemos facer moitas cousas para aprender a vivir en paz.

Aqui temos dous vídeos sobre o espectáculo.







jueves, 16 de febrero de 2017

CONCERTO DE GAITEIROS DA XISTRA

O concerto foi moi divertido e varios nenos do colexio sairon ao escenario como axudantes dos músicos.

Aquí vos deixo unhas fotos e un vídeo, nos que aparecen ben guapiños!









viernes, 27 de enero de 2017

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA



O luns 6 de febreiro os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto de "Gaiteiros da Xistra" en Pontevedra.

Veremos unha divertida historia que transcurre na república independente de Xistralia. 
Non a busquedes nos mapas porque non a atoparedes pero asegúrovos que está aí, exactamente ocupa parte do sur de Galicia e do norte do pais veciño, Portugal.

En Xistralia viviremos unha aventura da man dunha rapaza chamada Sandra e dun caracol, que quere ser músico, chamado Meirol. Os dous deberán liberar aos nenos de Xistralia que foron raptados por Terco, un dragón de dúas cabezas. Terco rapta aos nenos e agocha os instrumentos musicais para que non poida haber festas.

Coñeceremos moitos instrumentos e diferentes ritmos galegos e axudaremos a Sandra e a Meirol a liberar aos rapaces. En Xistralia todo pode pasar!!!

Aquí temos uns pequenos fragmentos do espectáculo para ir abrindo boca!








sábado, 24 de septiembre de 2016

VIVA A BANDA!!!

O venres recibimos a membros da Banda de Música de Sanxenxo. Viñeron cos seus instrumentos dispostos a facernos pasar un rato divertido e a ver se a alguén lle entraban as ganas de converterse nun futuro membro da Banda.

ANIMÁDEVOS!!!

Clicade na imaxe e elixide instrumento!




domingo, 11 de septiembre de 2016

NOVO CONCERTO!

A Banda de Música de Sanxenxo volve ao colexio para ofrecernos un concerto. Será o día 23 de setembro e seguro que aprenderemos tantas cousas como o curso pasado.

Repasaremos na clase o xogo que fixemos con motivo da súa primeira visita ao centro e aprenderemos algunhas cousas máis.

Aquí vos deixo o enlace ao xogo. 

Que comeze a diversión!!!



domingo, 24 de abril de 2016

15 PRIMAVERAS!!!

O concerto de "Mamá Cabra" foi fantástico!

VEXAMOS UNHAS FOTOS!!!



martes, 12 de abril de 2016

MAMÁ CABRA. 15 PRIMAVERAS


O xoves da vindeira semana os alumnos de Educación Infantil asistiredes a un divertido concerto do grupo MAMÁ CABRA.

Como o grupo cumpre 15 anos presentan un espectáculo titulado "15 PRIMAVERAS" co que  queren agasallar a todos os nenos e aos que non son tan nenos.





















martes, 15 de marzo de 2016

ESTAMOS NO VERÁN!!!



O xoves 31 de marzo os alumnos de 5º e 6º asistiredes a un espectáculo musical titulado "Estamos no verán".

Como temos as vacacións de Semana Santa polo medio, aquí vos deixo algúns vídeos para que vaiades entrando en materia.