domingo, 22 de marzo de 2015

AI PEPIÑO ADIÓS!


Canción tradicional galega moi cantada en todo tipo de festas, sobre todo nas familiares.

Fixádevos no texto, no que hai palabras que coma sempre ocorre coas cantigas do folklore non se adaptan á normativa linguística.

Ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño por Deus non te vaias,
quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar na praia
como nos pasou a nós.





FANTÁSTICO CONCERTO!!!

O concerto de Odaiko foi fantástico, sempre conseguen sorprendernos coas súas "invencións".




martes, 10 de marzo de 2015

DE CONCERTO CON ODAIKO... OUTRA VEZ!!!

O vindeiro 18 de Marzo o 3º ciclo asistiredes a un concerto do grupo de percusión Odaiko. É unha actuación diferente á que vimos o ano pasado e que tanto nos gustou a todos.

O espectáculo que veremos titúlase "Invención" e está ubicado nun  contexto histórico que comeza no século XVIII  e chega ata a actualidade. Odaiko fai un repaso das grandes invencións do home, empezando polo famoso Bach, creador do que para os musicólogos era o Rock da época, pasando por outras invencións froito de procesos coma a industrialización, a introdución do plástico, e algunha máis cercanas á percusión, como son a aparición da batería, ou moitos outros instrumentos que comezaron froito da casualidade do día a día.

Aquí vos deixo novos vídeos do grupo para ir meténdonos en materia.










Se queredes repasar os vídeos que vimos o ano pasado buscadeos no blog.

Ahhh... e botádelle un vistazo ás normas básicas que debemos cumprir cando asistimos a un concerto !!!


FEIRA MEDIEVAL

A Feira Medieval chegou ao seu fin e xa estamos de novo na nosa época. Os dous días de volta ao pasado foron fantásticos e o cole estaba precioso. 

Dentro de todas as actividades que se fixeron, na aula de música tiñamos dous importantes traballos: poñer un posto de venta de instrumentos feitos con material de refugallo, do que se encargaron os nenos de 1º e 2º, e dar un concerto medieval, que fixeron os de 3º, 4º. 5º e 6º.

As dúas actividades foron un éxito e no concerto ata nos pediron "bises".

Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo que fixemos.