sábado, 25 de junio de 2011
jueves, 23 de junio de 2011
viernes, 17 de junio de 2011
OS ALUMNOS DE 4º TOCAN A MELODÍA "OS ESQUELETOS"
Os nenos de 4º tocaron a canción "Os esqueletos" utilizando instrumentos de placas.
Non tiveron moito tempo para ensaiar polo que teñen algún pequeno despiste, pero o tempo apremia xa que o remate do curso está á volta da esquina, e non había tempo para ensaios.
Aquí tedes unha gravación da súa interpretación.
sábado, 11 de junio de 2011
ALEX E O SEU ACORDEÓN
Esta semana Alex trouxo o acordeón a clase. Explicou aos seus compañeiros como se tocaba e despois tocou dúas melodías compostas por él mesmo.
Cando estaba tocando chegaron os nenos de 2º que estiveron moi interesados na súa interpretación.
Non vos asustedes polas caras dos nenos, é que antes pintáronse para tocar a canción "Os esqueletos".
Clicade no acordeón para ver a presentación do instrumento.
Escoitade unha peza tocada por Alex.
Agora podedes ver unha interpretación a catro mans: Antón manexa o teclado e Alex encárgase do fuelle. Clicade no debuxo.
domingo, 5 de junio de 2011
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe, día 5 de Xuño, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
MUSIKEANDO quere sumarse a esta celebración e aquí vos deixo un vídeo fantástico que nos presenta da man á natureza e á música.
sábado, 4 de junio de 2011
OS ESQUELETOS
Ainda que non estemos en Halloween, os alumnos de 4º moven o "esqueleto" e adiviñades o nome da canción que están tocando? Acertáchedes, chámase "Os esqueletos".
A actividade mete medo e pronto veremos a súa actuación, si é que vos atrevedes.
A os "esqueletos" de 4º deixovos a partitura para que vaiades practicando.
Para ver como bailan os esqueletos clicade na imaxe.
Etiquetas:
ESQUELETOS,
INSTRUMENTOS,
PARTITURAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)