Repasaremos os personaxes da historia de "Pedro e o lobo" xogando a buscar parellas.
MOITA ATENCIÓN!
Agora que xa coñecemos a todos os personaxes que forman parte da historia de "Pedro e o lobo" imos xogar un pouquiño.
PREPARADOS, LISTOS, XA!
Neste trimestre tocaremos a canción "As campás" utilizando metalófonos e xilófonos.
Estudaremos a partitura e despois estaredes preparados para empezar a tocar.
Durante este trimestre en Educación Infantil traballaremos co conto musical "Pedro e o lobo", do compositor Serguéi Prokófiev.
Nesta historia cada personaxe está representado por diferentes instrumentos da orquestra sinfónica.
Empezaremos vendo a versión que fixo Disney desta historia.