domingo, 24 de octubre de 2021

MUSICOGRAMA SAMAÍN

Esta semana celebraremos o Samaín, ademáis de cantando e bailando a canción de Mamá Cabra, tocando diferentes instrumentos rítmicos seguindo o musicograma.

Preparados... listos... xa!



jueves, 21 de octubre de 2021

SAMAÍN

Pronto será Samaín e ainda que este ano tampouco poderemos estar todos xuntos para celebralo, nas clases de música faremos cancións, danzas e xogos para converternos neses seres monstruos que  se pasean polas rúas nestas datas tan terroríficos.




martes, 12 de octubre de 2021

WE WILL ROCK YOU



DANZAMOS!

Despois de tocar a canción con diferentes instrumentos agora toca bailar.

Aquí tedes unha coreografía que debedes aprender. Empezamos a practicar!


sábado, 2 de octubre de 2021

OUTONO

Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.

O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.


Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Escoitamos o 3º movemento de "Outono".


Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.

Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.





Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.




SALVEMOS A SARGANTANA!

Esta semana os nenos de Educación Infantil teñen unha gran responsabilidade, xa que deben axudar a Sargantana.

Sargantana está en perigo!

Cando viña de Cucurulandia, no seu foguete, caeu dentro do volcán da illa de A Palma. Non queda moito tempo para poder salvala.

TEMOS UNHA MISIÓN!