O día do festival estiven agochado entre o público e vin como tocábades a miña música favorita, os de 5º "A mañá" e os de 6º "Na gruta do rei da montaña"; fixéchedelo moi ben e disfrutei moitísimo. Tamén me gustaron moito o resto das actuacións.
Creo que vos merecedes un bo descanso. Vémonos no vindeiro ano!!!
Os instrumentos de vento madeira son os protagonistas na exposición do tema. A intensidade vai aumentando no desenrolo da obra, ata alcanzar un forte que quere indicar a saída do sol soando con forza os instrumentos da familia da corda frotada.
Está escrita nun compás ternario e o tempo é allegretto pastorale.
Aquí vos deixo a partitura para que vaiades practicando.
Se queredes unha axudita para ler a partitura clicade na foto.