martes, 24 de abril de 2018

EU SON UN ARTISTA



Artistas no cole hai moitos e agora os nenos de Educación Infantil van demostralo cantando esta canción do grupo "Mamá Cabra".





domingo, 22 de abril de 2018

TOCAMOS RITMOS CON MICHO


Micho é un simpático gatito que dende fai uns días anda polo colexio coa súa familia.

Micho vai deixando polas paredes diferentes ritmos que os nenos teñen que tocar, e a verdade é que tócanos moi ben.

Vexamos que ritmos tan chulos escribiron Micho e a súa familia.


martes, 17 de abril de 2018

EU NON SEI


Cantaremos e tocaremos esta canción galega utilizando instrumentos de placas e instrumentos tradicionais.

Déixovos aquí a letra.

Eu non sei que pasou no muiño,
eu non sei que debeu de pasar.
Desde entón Maruxiña esta triste, 
desde entón non fai máis que chorar.

Cantaremos a versión tradicional e faremos tamén unha versión rap que sexa, pero que moi marchosa.

Aquí está a partitura.




domingo, 15 de abril de 2018

O LOBO E OS TRES PORQUIÑOS



Neste trimestre os nenos de Educación Infantil traballarán co conto "O lobo e os tres porquiños" e estou segura que van pasalo pero que moi ben.

Empezamos coa versión do conto que fixo Disney.




Despois de gozar co conto escoitaremos a canción que cantaremos e dramatizaremos. A aula de música converterase no bosque no que viven estes personaxes e os nenos meteránse na súa pel.




domingo, 1 de abril de 2018

YO CONTIGO, TÚ CONMIGO


A canción "Yo contigo, tú conmigo" da película "Gru 3. Mi villano favorito" acompañará a todas as publicacións de fotos no blog cando traballemos aprendizaxe cooperativa.

Todos aprenderemos esta canción durante este trimestre e o alumnado de 5º e 6º deberán facer unha coreografía que bailaremos todo o colexio.

Todo o traballo relacionado con este tema farémolo utilizando estruturas de aprendizaxe cooperativa.

Temos moito traballo por diante ou sexa que moitos ánimos para todos.

Irei publicando diferentes entradas no blog explicando cada unha das actividades, pero para empezar aquí déixovos dous vídeos.

Trailer da película "Gru 3. Mi villano favorito".




Canción con Morat y Álvaro Soler.





AI, PEPIÑO, ADIÓS!


Canción tradicional galega moi cantada en todo tipo de festas, sobre todo nas familiares, que tocaremos coa frauta.

Ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño por Deus non te vaias,
quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar na praia
como nos pasou a nós.





A CAROLINA


"A Carolina" é unha canción tradicional galega que tocaremos coa frauta neste trimestre.

Déixovos a partitura, a letra e uns vídeos con diferentes versións.




A saia da Carolina,
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,
o lagarto dalle ó rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor (3 veces)
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola
que todo fai ó revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.

Bailaches Carolina?
Bailei no cuartel!
Dime con quen bailaches?
Bailei co coronel (3 veces)
Bailaches, Carolina?
Bailei, no cuartel!

O señor cura non baila
porque tén unha coroa.
Baile , señor cura, baile,
que Dios todo llo perdoa.

Bailaches Carolina?
Bailei, a bo fe!
Dime con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé (3 veces)
Bailaches, Carolina?
Bailei, a bo fe!

No curro da Carolina
non entra carro pechado,
namais entra a Carolina
co seu cocho polo rabo.

Bailaches Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con que bailaches?
Bailei co meu amor.
Co teu amor Carolina
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.


Aquí vos deixo a interpretación do emblemático grupo galego FUXAN OS VENTOS.



Esta é unha versión máis moderna e canta o grupo LUAR NA LUBRE.





PEQUENOS ARTISTAS!

Dentro desta sección chamada "Pequenos artistas" volve a ensinarnos os seus avances co trombón, Fran.

Nótase que traballou moito durante este trimestre e promete que volverá a traer o seu instrumento ao remate do curso.

Vexamos algunhas das súas interpretacións.





APRENDIZAXE COOPERATIVA

Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.

Co alumnado de cuarto utilicei a estrutura de "folio xiratorio", no noso caso "partitura xiratoria", para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.

O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.