miércoles, 24 de diciembre de 2014
XOGA CON CHINDASVINTO!!!
Chindasvinto quere saber se serás capaz de completar o xogo sobre os INSTRUMENTOS MEDIEVAIS sen equivocarte. Seguro que siiiiiii!!!
POIS ADIANTE!!!
lunes, 15 de diciembre de 2014
MÄGO DE OZ E DON QUIXOTE
Aquí vos deixo unha fantástica versión da canción de "Don Quixote" que nos envía delokos.
Canta o grupo MÄGO DE OZ, grupo de folk metal, subxénero do heavy metal, e do que temos traballado algunha melodía na clase.
Grazas delokos!!!
domingo, 30 de noviembre de 2014
A TOCAR E A DANZAR!!!
Ola chicos de 1º, como me pedíchedes aquí vos deixo a melodía medieval coa que estamos bailando e tocando.
Clicade no castelo para escoitala e prestade moita atención ás bandeiras que aparecen.
Saberiades dicirme que significan??? Teredes que contestar despois de escoitar a música.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
DANZA MEDIEVAL,
DON QUIXOTE,
INSTRUMENTOS,
INSTRUMENTOS MEDIEVAIS,
MÚSICA MEDIEVAL
domingo, 9 de noviembre de 2014
DANZA MEDIEVAL (2ª parte)
Seguimos coa nosa viaxe polo medievo utilizando a imaxinación da mesma forma que facía Don Quixote. Non imaxinamos que somos cabaleiros senón que imaxinamos que somos músicos da época.
INSTRUMENTOS MEDIEVAIS
Clicade na imaxe para saber algo máis sobre algúns dos instrumentos que se utilizaban na Época Medieval.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
DON QUIXOTE,
INSTRUMENTOS,
INSTRUMENTOS MEDIEVAIS,
MEDIEVAL
miércoles, 22 de octubre de 2014
SAMAÍN
E xa se achega outra vez o Samaín!
Este ano imos aprender a canción de Jesús Pareja "Samaín". Cantarémola todos xuntos na celebración que faremos no ximnasio o xoves 30 de Outubro.
Aquí vos deixo un simpático vídeo e tamén a letra.
domingo, 28 de septiembre de 2014
CÁRMINA BURANA
No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII.
A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.
Estes poemas medievais formaban a obra titulada "Cármina Burana" que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa "Cancións de Beuern" en latín.
Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra "Cármina Burana" que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.
Na clase imos traballar coa Introdución, titulada "Oh Fortuna", que tamén é a Conclusión da obra.
Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.
Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.
Aquí tedes a partitura coa melodía.
Aquí tedes a melodía cos acompañamentos.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
CARMINA BURANA,
COMPOSITORES,
DON QUIXOTE,
FRAUTA,
INSTRUMENTOS,
ORFF,
PARTITURAS
domingo, 21 de septiembre de 2014
DANZA MEDIEVAL
Utilizade novamente a vosa imaxinación, xa sabedes, como fixemos na clase o outro día e trasladádevos á época medieval.
Ao mellor atopades alí a un que lle daba moito a iso de viaxar no tempo coa súa imaxinación, si, si, Don Quixote!!! Estará danzando con Dulcinea???
Aquí vos deixo a partitura que atopei que xa empezamos na clase, para que a estudiedes.
Etiquetas:
DON QUIXOTE,
FRAUTA,
INSTRUMENTOS,
MEDIEVAL,
PARTITURAS
martes, 16 de septiembre de 2014
MUSIKEANDO CON DON QUIXOTE
Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante... personaxes da famosa obra de Miguel de Cervantes, teñen sido protagonistas de moi diferentes tipos de cancións.
Aquí vos deixo algúns vídeos para que vos vaiades familiarizando cos personaxes.
miércoles, 10 de septiembre de 2014
LEMBRADES???
Prestade moita atención a este simpático vídeo e a ver se sodes quen de contestar as preguntas que vou facer a continuación.
A orquestra toca diferentes melodías e entre elas hai unha moi famosa que escoitamos o curso pasado.
PODEDESME DICIR COMO SE TITULA?
domingo, 7 de septiembre de 2014
A CONTA ATRÁS
3, 2, 1 !!!
Si si contade despacio porque estes son os días que vos quedan para rematar as vosas vacacións, iso si, ben merecidas.
Hai algúns que xa levamos no cole dende o día 1 de Setembro preparándolo todo para cando cheguedes.
Un ano máis espero que disfrutedes na clase de música, xa que este curso imos traballar cun proxecto moi interesante, do que xa vos falarei.
Agora déixovos con este simpático director de orquestra para que vos riades un pouquiño.
Ata o mércores!!!
domingo, 29 de junio de 2014
BO VERÁN!!!
Ola chicos, xa chegou o remate do curso e quero decirvos que estiven encantado de pasar todos estes meses traballando con vos e coa música de Edvard Grieg.
Antes de voltar a miña gruta en Noruega pasarei uns días de descanso na praia de A Lanzada, a ver se nos vemos e nos damos un chapuzón, ainda que a auga estea fría!!!
BICOS DE MÚSICA E FELICES MELODÍAS!!!
O VOSO AMIGO PARA SEMPRE, GROTUS.
domingo, 11 de mayo de 2014
O RETORNO DE PEER GYNT
"O retorno de Peer Gynt" forma parte da Suite nº 2 da obra de Edvard Grieg.
Esta música representa a volta a casa de Peer Gynt nun barco veleiro. Unha gran tormenta fai que o barco se afunda.
Clica no barco para escoitar a melodía.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
EDVARD GRIEG,
INSTRUMENTOS,
O RETORNO DE PEER GYNT,
ORQUESTRA SINFÓNICA,
PEER GYNT
domingo, 20 de abril de 2014
21 XOGOS MUSICAIS...
Facía moito que non poñía novos xogos no blog pero agora vos deixo varios moi interesantes e unha páxina na que tendes 21 xogos, todos superdivertidos.
Pasádevos polo blog de xogos.
sábado, 5 de abril de 2014
EU NON SEI
Unha canción tradicional galega que podemos atopar titulada de dúas formas diferentes: "Eu non sei" ou "Eu non sei que pasou no muiño". Elixide a que máis vos guste!
Se necesitades unha axudita coa partitura clicade na fotografía
Etiquetas:
CANCIÓN,
EU NON SEI,
GALEGA,
INSTRUMENTOS,
PARTITURAS
UNHA VELLA TIÑA UN CAN
Aquí tedes unha nova canción do grupo MIGALLAS, "Unha vella tiña un can".
Veremos a moitos animaliños circulando pola clase de música!!!
Aquí podedes ver os personaxes que aparecen nesta canción.
Aquí podedes ver os personaxes que aparecen nesta canción.
Clicade no can para cantar a canción cunha velocidade máis lenta
Clicade no debuxo para escoitar a canción
Etiquetas:
CANCIÓN,
GALEGA,
MIGALLAS,
PICTOGRAMAS,
UNHA VELLA TIÑA UN CAN
sábado, 29 de marzo de 2014
O ANDAR MIUDIÑO
"O andar miudiño" é unha cantiga tradicional galega que o clube de baloncesto "Obradoiro" elixiu como himno do equipo.
É realmente emocionante cando nos partidos todo o pavillón vibra ao ritmo desta melodía.
Como o noso cole é un fan do "Obradoiro", de feito fomos os gañadores das dúas convocatorias do concurso de debuxo do Nadal como o colexio máis participativo, o que nos levou a ser invitados a presenciar dous partidos, este ano imos a aprender a tocar coa frauta esta canción.
Etiquetas:
CANCIÓN,
FRAUTA,
GALEGA,
INSTRUMENTOS,
O ANDAR MIUDIÑO,
OBRADOIRO,
PARTITURAS
domingo, 23 de marzo de 2014
NA BEIRA
A cantiga tradicional galega "Na beira", ou tamén chamada "Na beira do mar", fai, como tantas outras, referencia a un tema moi cercano a nos, o mar, que actualmente non pasa polos seus mellores momentos. Esperemos que as cousas cambien!!!
Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades practicando.
Etiquetas:
CANCIÓN,
FRAUTA,
GALEGA,
INSTRUMENTOS,
NA BEIRA,
PARTITURAS,
TRADICIONAL
sábado, 22 de marzo de 2014
DE CONCERTO CON ODAIKO
Esta semana disfrutamos dun concerto do grupo de percusionistas ODAIKO. Se o concerto do pasado curso, "Odaiko nas escolas", foi fantástico o de este ano, "Vaia circo", aínda estivo mellor, polo menos iso dixeron os nenos e eu penso que non lles falta razón.
Aquí vos deixo unhas fotos da súa actuación.Clicade na imaxe!
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
CONCERTO,
ODAIKO,
PERCUSIÓN,
VAIA CIRCO
sábado, 15 de marzo de 2014
A MORTE DE AASE
"A morte de Aase" forma parte da Suite nº 1 da obra "Peer Gynt" do compositor noruego Edvard Grieg.
Os intrumentos da familia da corda frotada son os protagonistas na interpretación desta melodía, que representa a tristeza que supón para Peer Gynt a morte da súa nai.
clica na imaxe para escoitar a música
Etiquetas:
A MORTE DE AASE,
AUDICIÓNS,
EDVARD GRIEG,
INSTRUMENTOS,
PEER GYNT
Suscribirse a:
Entradas (Atom)