martes, 20 de enero de 2015

QUEN É MALALA?

Este ano imos celebrar o Día Escolar pola Paz con MALALA.

QUEN É MALALA?



Malala naceu en Pakistán o 12 de xullo de 1997.




O 9 de outubro de 2012 dous talibáns interromperon o percorrido dun autobús escolar que viaxaba polo valle de Swat en Pakistán e con armas na man subiron ao autobús e preguntaron "Quen é Malala?" A continuación empezaron a disparar contra a xoven e as súas amigas. Malala foi ferida na cabeza e  no pescozo e estivo meses hospitalizada.

Os terroristas que lle dispararon pensaron que coas súas balas farían calar para sempre a Malala, que loitaba porque as nenas tiveran dereito á educación, pero non o conseguiron. Fixeron que Malala loitara máis que nunca polo dereito das mulleres a ir á escola.

No ano 2014 concedéronlle o PREMIO NOBEL DA PAZ.

Clica na imaxe de Malala para ter máis información.



O compositor mexicano Arturo Márquez compuxo no ano 2013 unha obra para coro e orquestra dedicada a Malala.




viernes, 2 de enero de 2015

XOGO DE TRONOS

"Xogo de tronos" é unha famosa serie con moitos seguidores en todo o mundo.

A obra está ambientada nun mundo imaxinario onde sete reinos e varias familias loitan por ocupar o trono de ferro. Este mundo imaxinario poderiamos situalo nunha época parecida á medieval e ao igual que coa novela "O señor dos aneis" imos adentrarnos neste máxico mundo coas nosas mellores galas medievais.

Aquí vos deixo varios vídeos e a partitura coa melodía que imos traballar no 2º trimestre. Xa sabedes que todavía seguimos atrapados no medievo!!!







 Ata os Simpson se atreven con esta obra.

 


O SEÑOR DOS ANEIS

"O señor dos aneis", película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o "Anel único" e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Señor Escuro, Sauron.

Poderíamos situar esta novela nunha época similar á medieval, e como no 2º trimestre seguiremos atrapados nesta época imos traballar cunha melodía da banda sonora da película.




Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades estudiando.


LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebraremos o DÍA ESCOLAR POLA PAZ e coma sempre todos cantaremos unha canción. A de este ano vai ser "Los niños queremos la paz", que ten pero que moita marcha. Xa vos deixo aquí a letra e outro vídeo para que a vaides practicando, por si alguén se aburre en vacacións je je je.

Clicade na imaxe para ver a letra da canción e empezade a cantar