Mostrando entradas con la etiqueta PENTAGRAMA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PENTAGRAMA. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de marzo de 2018

XOGANDO NO PENTAGRAMA!


Durante esta semana os nenos de 1º achegáronse á linguaxe musical convencional cun xogo no pentagrama do chan.

O xigantesco pentagrama que ocupa á aula de música converteuse nun circuito con obstáculos que os nenos tiñan que superar para chegar dende a "saída" ata a "meta".

Tiveron que andar, brincar, correr, reptar, e ata saltar á pata coxa  entre liñas e espazos para conseguir o seu obxectivo.

Está claro que despois de facer o xogo todos os nenos móvense entre as 5 liñas e os 4 espazos do pentagrama como se estiveran na súa casa.

O premio, se conseguían chegar a meta, era tocar unha improvisación utilizando o metalófono contralto, e todos o fixeron moi ben.

Noraboa chicos!

Vexamos a eses artistas!





domingo, 18 de febrero de 2018

EL PENTAGRAMA

Unha canción moi marchosa para iniciarnos na linguaxe musical convencional. 

Empezamos cun xogo no pentagrama do chan que hai na clase de música e logo a pola canción.




lunes, 9 de abril de 2012

ONDE VIVEN AS NOTAS MUSICAIS?

BRAULIO fala sobre a colocación das notas da escala musical no pentagrama.

domingo, 5 de junio de 2011

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Hoxe, día 5 de Xuño, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

MUSIKEANDO quere sumarse a esta celebración e aquí vos deixo un vídeo fantástico que nos presenta da man á natureza e á música.