lunes, 27 de febrero de 2023

O MISTERIO DO CADRO DESAPARECIDO

A semana pasada celebramos o Día de Rosalía e escoitamos ao alumnado de 6º que recitou o poema "MIÑA CASIÑA, MEU LAR".

Esta semana os nenos e nenas de 4 anos vivirán unha aventura para atopar o retrato de Rosalía de Castro que desapareceu da súa habitación na Casa Museo, en Padrón.

Conseguirán atopalo?

Seguro que si!

lunes, 6 de febrero de 2023

SALVEMOS AOS DRAGÓNS!

Esta semana os nenos de 1º e 2º teñen unha importante misión.

Cinco ovos de dragón están en perigo porque o Mago Malvado quere roubalos para evitar que nazan os pequenos dragonciños.

Para conseguilo deberán superar as seguintes probas.

Imos aló!

domingo, 5 de febrero de 2023

EU NON SEI


Practicaremos as notas FA e MI coa frauta, tocando a canción tradicional galega "Eu non sei".

Eu non sei que pasou no muiño,
eu non sei que debeu de pasar.
Desde entón Maruxiña esta triste, 
desde entón non fai máis que chorar.




AU CLAIR DE LA LUNE


Na viaxe que estamos facendo polo mundo durante este curso, os nenos e nenas de 1º viaxaron a París.

Na clase de música imos tocar "AU CLAIR DE LA LUNE", unha canción de cuna tradicional de Francia.


 

Tocarémola coas campás afinadas e utilizaremos 3 NOTAS: SI, LA e SOL.