jueves, 8 de diciembre de 2022

AXUDEMOS A PAPÁ NOEL!

O Grinch roubou o trineo de Papá Noel, que estaba cheo de agasallos para repartir aos nenos e nenas de todo o mundo.

Papá Noel pediulle a Pepiño e a Sargantana que lle axuden a buscalo, pero para conseguir atopalo necesitarán a colaboración dos nenos e nenas de Infantil.

Chicos, temos unha misión!


martes, 6 de diciembre de 2022

JINGLE BELLS

Durante o mes de decembro traballaremos cunha canción coñecida por todos vós, Jingle Bells.






martes, 15 de noviembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


O día 25 deste mes conmemoraremos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, cantando todos xuntos a canción "Se acabaron las lágrimas", de Huecco.

O alumnado de 6º curso de Educación primaria representou a canción con este vídeo, que comparten con todos os seus compañeiros.

Esperamos que vos guste!

domingo, 6 de noviembre de 2022

MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de Novembro é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Crear unha sociedade libre de calquera violencia sobre as mulleres, é unha das metas que como cidadáns debemos conseguir, porque será a única forma de acadar a igualdade real entre mulleres e homes.

A cultura sempre é unha axuda para despertar e remover conciencias.

A música é capaz de despertar emocións e é un instrumento eficaz para a comunicación entre as persoas.

Durante este mes de novembro traballaremos coa canción "SE ACABARON LAS LÁGRIMAS" de HUECCO, unha canción comprometida cunha sociedade libre de violencia de xénero, unha canción que fomenta a igualdade e que trata á muller dunha maneira respectuosa e igualitaria.

O día 25 cantarémola todos xuntos, en recordo de todas as nenas e mulleres que se quedaron no camiño e para apoiar a aquelas que todavía a sufren, dándolles a nosa enerxía para axudalas a atopar a liberdade. 


lunes, 24 de octubre de 2022

SALVEMOS A PEPIÑO!

Os nenos de Infantil teñen unha nova misión.

Sargantana quixo gastarlle unha broma a Pepiño porque pronto será Samaín. 

Preparou a súa olla máxica e fixo un conxuro para converter a Pepiño en sapo. 

Isto ao noso amigo non lle gustou nada e necesita que lle axudemos a desfacer o conxuro.

lunes, 17 de octubre de 2022

5 ESQUELETOS SALTANDO EN LA CAMA

Achégase o Samaín e imos divertirnos cuns simpáticos esqueletos.


jueves, 6 de octubre de 2022

PEPIÑO E SARGANTANA NA ERA DOS DINOSAUROS

Unha nova aventura de Pepiño e Sargantana!

Os nenos de Infantil deberán axudar aos seus amigos, que están na ERA DOS DINOSAUROS.

martes, 20 de septiembre de 2022

SI MA MA KA

 “SI MA MA KA” é unha canción tradicional de Ghana, en África.

Imos cantar e facer os movementos tocando os instrumentos de percusión corporal.





lunes, 19 de septiembre de 2022

ARAM SAM SAM

Imos xogar cunha cantiga tradicional de Marrocos.

Empezamos cunha velocidade lenta que cada vez vai máis rápida.



miércoles, 14 de septiembre de 2022

EL BAILE DE LOS ANIMALES

Un crocodilo, un elefante e un pingüín son os protagonistas do seguinte vídeo.

Imos cantar e bailar con eles.

Será moi divertido!


viernes, 9 de septiembre de 2022

PEPIÑO E SARGANTANA VISITAN A GROTUS

Pepiño e Sargantana viaxaron a Noruega para visitar a Grotus na súa cova, pero atópanse en apuros.

PODEDES AXUDALOS?

IMOS ALÓ!

miércoles, 7 de septiembre de 2022

miércoles, 29 de junio de 2022

martes, 24 de mayo de 2022

EPO

"EPO" é unha canción popular de orixen maorí.

Os maoríes son o pobo indíxena de Nova Zelanda.


As tribus maoríes cubrían o seu corpo con tatuaxes e practicaban danzas que tiñan como obxectivo asustar aos seus inimigos.

Na película "Vaiana" aparece Maui, un Deus do vento e do mar, que pertence á mitoloxía maorí e hawaiana.




Agora vexamos a canción "Epo".






domingo, 22 de mayo de 2022

XOGO DE TRONOS

"Xogo de tronos" é unha famosa serie con millóns de seguidores en todo o mundo.

Está ambientada nun mundo imaxinario onde Sete Reinos e varias Familias loitan por ocupar o Trono de Ferro.

Vexamos uns vídeos coa melodía que tocaremos na clase.


martes, 17 de mayo de 2022

RONDÍN PICOTÍN

Agora que xa podemos utilizar a frauta, aínda que sexa no patio do colexio, os frautistas principiantes empezaredes coa canción "Rondín Picotín". 




Despois de estudar a partitura collede a vosa frauta e A TOCAR!

martes, 10 de mayo de 2022

OS MONSTROS DE 1º ESTÁN EN PERIGO!



O pirata Pata de Pao ten secuestrados no seu faro aos monstros de 1º.

Debemos liberalos canto antes!

jueves, 5 de mayo de 2022

SALVEMOS A PEPIÑO E A SARGANTANA!




Unha nova aventura lles espera aos nenos de Infantil!

Pepiño e Sargantana están secuestrados polo pirata Pata de Pao, no faro onde vive.

SALVARÉMOLOS!




domingo, 17 de abril de 2022

QUEN POIDERA NAMORALA!


Un coñecido poema de Álvaro Cunqueiro convertiuse nunha canción cando Luis Emilio Batallán lle puxo música.

No niño novo do vento

hai unha pomba dourada. (bis)

Quen poidera namorala!

Quen poidera namorala!

Meu amigo! (bis)


Canta ao luar e ao mencer

en frauta de verde olivo. (bis) 

Quen poidera namorala!

Quen poidera namorala!

Meu amigo! (bis)


Ten aires de frol recente,

cousas de recén casada. (bis)

Quen poidera namorala!

Quen poidera namorala!

Meu amigo! (bis)


Tamén ten sombra de sombra

e andar primeiro de río.

Quen poidera namorala!

Quen poidera namorala!

Meu amigo! (bis)


Traballaremos coa versión que fai Milladoiro, na voz de Rosa Cedrón.


viernes, 11 de marzo de 2022

SARGANTANA ESTÁ EN PERIGO!

 Os nenos de 3 anos teñen que enfrentarse a unha nova misión!


A semana pasada salvaron a Pepiño, que fora secuestrado polo Morcego Seis Ollos e agora é Sargantana a que está en perigo.

SALVEMOS A SARGANTANA!


domingo, 6 de marzo de 2022

¿DÓNDE ESTÁN LAS LLAVES?

Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que  haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.


XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.


Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.


O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.







jueves, 3 de marzo de 2022

PEPIÑO ESTÁ EN PERIGO!

Esta semana os nenos de clase de 3 ANOS deberán enfrentarse á súa primeira aventura para poder salvar a Pepiño, que foi secuestrado polo Morcego Seis Ollos.

Seguro que co seu saber e a súa valentía consiguen liberalo. 

ÁNIMO CHICOS!


domingo, 20 de febrero de 2022

UN ARCO DA VELLA MUSICAL


As nenas e os nenos de 4 anos están investigando sobre como se forma o ARCO DA VELLA.


Utilizando as cores que aparecen neste fenómeno tan espectacular construiron un instrumento musical con vasos de cristal, nos que botaron diferentes cantidades de auga con colorante.


Teñen as cores do arco da vella formando un bonito instrumento.


Pepiño enterouse disto que fixeran os nenos e quere agasallalos cunha canción que todos coñecen para que podan tocala no seu "VASÓFONO".


Moitas grazas Pepiño, seguro que lles encanta! 








lunes, 14 de febrero de 2022

O MISTERIO DO CADRO DESAPARECIDO



Como se achega a celebración do DÍA DE ROSALÍA, na aula de música estamos traballando cun poema da autora chamado "Xan"ao que puxo música Uxía Senlle. 


A canción é tan bonita que Pepiño e Sargantana namoráronse de Rosalía e quixeron coñecela mellor. Para iso decidiron, esta fin de semana, facer unha viaxe ata a CASA MUSEO DE ROSALÍA.


Alí visitaron todas as estancias da casa e o fantástico xardín. 


Gustoulles todo moitísimo, pero o que máis lles impresionou foi o retrato de Rosalía que había na súa habitación. Era precioso!


Cando xa marchaban atoparon na porta á un policia que lles informou de que o retrato de Rosalía acababa de desaparecer.


Pepiño e Sargantana dixéronlle que eles, coa axuda dos nenos do colexio Cruceiro de Vilalonga, poderían axudar a buscalo. O policia aceptou a súa axuda, xa que era moi importante atopar o cadro desaparecido.


COMEZA A AVENTURA!