Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.
XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.
Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.
O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.
Esta semana os nenos de clase de 3 ANOS deberán enfrentarse á súa primeira aventura para poder salvar a Pepiño, que foi secuestrado polo Morcego Seis Ollos.
Seguro que co seu saber e a súa valentía consiguen liberalo.
As nenas e os nenos de 4 anos están investigando sobre como se forma o ARCO DA VELLA.
Utilizando as cores que aparecen neste fenómeno tan espectacular construiron un instrumento musical con vasos de cristal, nos que botaron diferentes cantidades de auga con colorante.
Teñen as cores do arco da vella formando un bonito instrumento.
Pepiño enterouse disto que fixeran os nenos e quere agasallalos cunha canción que todos coñecen para que podan tocala no seu "VASÓFONO".