A Escola Municipal de Música presenta un concerto que ten como obxectivo principal contextualizar a importancia que tivo o piano nos comezos do cinema, destacando, despois, a nivel interpretativo e compositivo.
A música de película é tan antiga como o propio cinema. Estivo sempre presente dende o seu nacemento en 1895, incluso no cinema mudo.
Nace cando os irmáns Lumiére contratan a un pianista para acompañar a primeira proxección comercial. A inclusión da música no cinema mudo débese fundamentalmente a dúas razóns:
- Disimular o ruido que proviña do proxector e que resultaba molesto para os espectadores.
- Conseguir dar á película unha maior carga emotiva incidindo no dramatismo ou comicidade das escenas.
Vexamos un pequeno vídeo que nos explica como foron os inicios do cinema.
Durante o concerto escoitaremos diferentes temas que aparecen nas películas.
Canción de cuna de Brahms.
Danza das flores do ballet "O crebanoces" de Tchaikovsky.